Diferenzas entre revisións de «Crómlech»

m
m (modelo DRAG)
Etiqueta: edición de código 2017
En todo o oeste peninsular atopamos crómlechs e [[menhir]]es, seguindo a cultura megalítica da [[Europa atlántica]]; porén son menos numerosos que nas Illas Británicas. No que hoxe é Portugal atopamos bos exemplos ben conservados; en Galiza hai varios exemplos, pero a maioría deles desapareceron:
* [[Monte Neme]] (“Eira das Meigas” ou "Circo dos Xogos"), en [[Carballo]], dous crómlechs de pedras (un duns 10 m de diámetro e outro de 4 m) de cuarzo destruídos en varias ocasións, os últimos restos contra 1960 por unha reforestación e apertura de pistas para a actividade mineira<ref>(Not. de D. Pedro Abelenda, A Coruña)</ref>. Este crómlech xa fora descrito por autores como [[Manuel Murguía|Murguía]] ou [[Luís Monteagudo|Monteagudo]]. Era un dos escasos exemplos de círculo lítico situado no alto dun monte illado á beira do mar, o que lle confire ao [[Monte Neme]], un carácter sagrado, semellante ao do [[Monte Pindo|Pindo]].<ref>[http://historiadegalicia.gal/2016/10/o-monte-que-garda-un-cromlech-cultos-precristians-e-oscuras-minas/ Historia de Galicia ''Queren recuperar o monte que garda un crómlech, cultos precristiáns e escuras minas'']</ref>.
* O [[Crómlech de Monte Lobeira]], entre [[Vilagarcía|Vilagarcía de Arousa]] e [[Vilanova de Arousa]], do que xa falara [[Murguía]], foi descuberto en 2006 despois de que un lume forestal arrasara o monte cuberto de matogueira<ref>[https://portaldaspalabras.gal/lexico/setestrelo/sete-palabras-megaliticas/#cromlech Artigo no Portal das Palabras da [[RAG]] referíndose ao Crómlech de Lobeira]</ref><ref>[http://www.manuelgago.org/blog/2009/01/25/lobeira-o-cromlech-que-saiu-do-lume/ Artigo sobre o crómlech de Monte Lobeira]</ref>.
* Outeiro de Faxildre, 3&nbsp;km ao leste de [[Noia]]<ref>Citado por Saralegui</ref>; para [[Manuel Murguía]] (HG, 578) trátase de pequenas pedras chantadas en todas direccións, o que se repite noutro outeiro achegado.
* Murguía (HG, I, 584) fala tamén das Pedras Rubias do Monte Lousado entre [[Dumbría]] e [[Corcubión]].
21.448

edicións