Francisco Díaz-Fierros: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Xas (conversa | contribucións)
m lig int
Liña 7:
 
== Traxectoria ==
Aínda que nacido en Vilagarcía, moi cedo trasladouse a [[Ribadeo]], onde fixo o bacharelato e, despois, a [[Santiago de Compostela]], para facer o curso preuniversitario no [[Instituto Xelmírez]]. No ano [[1964]] licenciouse en [[Farmacia]] na [[Universidade de Santiago de Compostela]], doutorándose na mesma universidade en [[1967]]. Durante estes anos desenvolve un interesante labor periodístico, publicando artigos en diversos periódicos e revistas de Santiago, como ''[[Diario La Noche|La Noche]]'', ''[[El Correo Gallego]]'' e ''[[Revista Quintana (revista)|Quintana]]''.
 
O ano [[1966]] pasouno en [[Francia]], como bolseiro do ''[[Laboratoire des Sols]]'' (''Laboratorio dos Solos''). Tamén foi bolseiro da [[Fundación Juan March]] ([[1968]]) e da fundación [[Fundación Barrié|Pedro Barrié de la Maza]] ([[1973]]).