José Luis Carro Fernández-Valmayor: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
mSen resumo de edición
mSen resumo de edición
Liña 5:
 
== Traxectoria ==
De familia coruñesa, aínda que nado en Madrid, estuda Dereito na Universidade de Santiago de Compostela, continuando estudos xurídicos tamén nas facultades de Dereito de [[Toulouse]], [[Heidelberg]] e [[Boloña]]. Doutorouse en Dereito pola [[Universidade de Boloña]] co premio Vittorio Emanuele II á mellor tese doutoral da devandita Universidade, e foi investigador da Fundación alemanaalemá Alexander von Humboldt no [[Max-Planck-Institut]] de Dereito Público Comparado e Dereito Internacional.
 
É membro de numerosas sociedades xurídicas (entre elas da Real Academia Galega de xurisprudencia e Lexislación<ref>[http://ragjyl.gal/gl/ilmo-sr-d-jose-luis-carro-fernandez-valmayor Discurso de ingreso]/</ref>; da Societas Iuris Publici Europaei de [[Göttingen]], en [[Alemaña]]; da Asociación italo-española de Profesores de Dereito Administrativo; da Asociación Española de Profesores de Derecho Administrativo (AEPDA); do Consello de Catedráticos do Instituto Internacional de Estudos de Direito do Estado ([[Brasil]]); Presidente do Comité Científico do Observatorio Internacional da Regulación das Entidades do Sector Público (OIRESP); etc.). Así mesmo é membro dos consellos de redacción de numerosas revistas do ámbito xurídico (''Revista de Estudios de la Administración Local'', ''Revista de Administración Pública'', ''Revista General de Derecho Administrativo'', ''Anuario de Gobierno Local'', ''Cuadernos de Derecho Local'', ''Direito Regional e Local'' da [[Universidade do Minho]], etc.).
 
Foi avaliador externo da Agencia Nacional de Evaluación y Prospectiva, da Agence Nationale de la Recherche de [[Francia]] e da ''Revista Diritto e Processo Amministrativo'' de [[Italia]], así como de revistas españolas da súa área científica. Foi vogal do Comité Asesor do campo científico “Derecho” da Comisión Nacional Evaluadora de la Actividad Investigadora, asiasí como membro de xurados avaliadores de premios de investigación e de comités organizadores de encontros e congresos científicos.
 
== Recoñecementos ==