Xosé Luís Franco Grande: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Sen resumo de edición
Sen resumo de edición
Liña 17:
 
=== Creador literario ===
A obra literaria de Franco Grande abrangue tódolos campos, iniciándose durante a súa etapa de estudante en Compostela, onde obtén en cinco ocasións o primeiro premio e a flor natural nas [[Festas Minervais]]. Con 19 anos de idade, o Centro Gallego de Buenos Aires outorgoulle o Premio Eduardo Pondal polo seu libro de poemas ''Brétemas de Vieiro'' (inédito);<ref name="tebra"/> en 1957 publicou a peza teatral ''Vieiro choído''.<ref name="VIEIRO"/> O seu libro de poemas ''[[Entre o si e o non]]'' foi galardoado co Premio Nacional de Literatura "Rosalía de Castro".{{Sfn|Barrera|2002|p=225}} No 1968 publicou a súa obra de vital importancia para a lingua galega, o ''Diccionario Galego-Castelán'' publicado pola Editorial Galaxia o 25 de outubro de 1968. Unha obra que había ser necesaria, imprescindible, un par de anos máis tarde cando se incorpora o estudo da [[lingua galega]] no [[Educación|sistema educativo]]. Ese [[dicionario]] foi un instrumento de vital importancia para que varias xeracións de galegos e galegas tivesen a oportunidade de coñecer a lingua galega.<ref>{{Cita web |título=O 'Diccionario galego-castelán e vocabulario castelán-galego' (1968) de Franco Grande |url=https://academia.gal/tribuna/autores/-/articulo/758574 |editorial=RAG |data-acceso=1/3/2020 |ligazónautor=Xesús Ferro Ruibal |apelidos=Ferro Ruibal |nome=Xesús}}</ref> Esta obra foi reeditada moitas veces ata completar un total aproximado de medio millón de exemplares vendidos. Os dicionaristas adoitan falar do "Franco Grande" como unha denominación que marcou unha época. Pertence a [[Xeración das Festas Minervais]] e ó movemento literario [[Escola da Tebra]].<ref name="tebra">{{Cita web |título=A Escola da Tebra |url=http://literaturagalega.as-pg.gal/etapas/a-etapa-contemporanea-ii/a-escola-da-tebra |páxina-web=literaturagalega.as-pg.gal |editorial=[[Asociación Socio-Pedagóxica Galega|AS-PG]] |data-acceso=1/3/2020}}</ref>
 
Son salientables os milleiros de colaboracións como articulista nos medios de comunicación, sempre defendendo a identidade galega e as súas manifestacións culturais (''[[La Noche]]'', ''[[Ínsula (revista)|Ínsula]]'', ''Aturuxo'', ''[[Vida Gallega]]'', ''[[Grial (revista)|Grial]]'', ''[[La Voz de Galicia]]''<ref>{{Cita web |título=La Voz de Galicia. Firmas |url=https://www.lavozdegalicia.es/ |xornal=[[La Voz de Galicia]] |data-acceso=1/3/2020 }}{{ligazón morta}}{{Nobots}}</ref> etc.).