Bote de Halkett: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Recuperando 1 fontes e etiquetando 0 como mortas. #IABot (v2.0beta8)
mSen resumo de edición
Liña 1:
[[Ficheiro:Halkett Boat Cloak in use cropped.jpg|350px|miniatura|Un bote de Halkett.]]
Un '''bote de Halkett''' é un tipo de [[bote inflable]] lixeiro que foi deseñado polo tenente [[Peter Halkett]] (1820-1885) durante a década de 1840.

== Historia e características ==
Estes botes intentaban poñer solución as dificultades para navegar no [[Ártico]] canadense: precisábase unha embarcación lixeira de abondo para ser transportada por terra e robusta abondo para ser empregada nas extremas condicións meteorolóxicas da zona.
 
O primeiro deseño de Halkett consistía nun bote plegable e inflable fabricado en tea imbuída de [[caucho]]. Cando estaba desinflado, o casco do bote podía levarse coma se fose un abrigo ou unha capa, o [[Remo (obxecto)|remo]] usarse como un [[caxato]] e a [[Vela (tea)|vela]] e o [[mastro]] como un [[paraugas]]; só tiña capacidade para unha persoa. Halkett, alentado pola positiva acollida, levou a cabo melloras: o modelo seguinte era para dúas persoas e pequeno abondo como para coller nunha [[mochila]] e poder ser empregado, unha vez desinflado, como manta impermeable.
 
Aínda que foi ben recibido polos exploradores canadenses, o mercado para estes deseños era moi limitado e Halkett non foi quen de persuadir a [[Royal Navy]] do [[Reino Unido]] da súa utilidade para os servizos navais.
 
== Véxase tamén ==