Diferenzas entre revisións de «Historia do Reino Unido»

 
Parte do acordo que levou á [[Lei de Unión 1800]] estipulou que as Leis Penais en Irlanda ían ser revogadas e a Emancipación Católica outorgada. Sen embargo, o Rei [[Xurxo III de Inglaterra|Xurxo III]] bloqueou a emancipación, argumentando que para garantila ía romper o seu xuramento de coroación para defender a Igrexa anglicana. A campaña baixo o avogado e politico [[Daniel O'Connell]], e a morte de Xurxo III, desembocou na concesión da Emancipación Católica en 1829, permitindo os Católicos sentarse no Parlamento. O'Connell preparou unha campaña sen éxito para revogar a Lei de Unión.
 
Cando a crise da pataca golpeou a illa en [[1846]], moita da poboación rural quedou sen o seu alimento básico. Desafortunadamente, os políticos británicos coma o Presidente [[Robert Peel]] estaba neste momento comprometido coa política económica de [[laissez-faire]] e decidiu que o estado non intervise de ningún xeito. Mentres enormes cantidades de diñeiro e provisións eran conseguidas por privados e organizacións benéficas (os indios americanos enviaron provisións e a [[Victoria do Reino Unido|Raíña Victoria]] personalmente doou o equivalente actual a € 70,000) a inacción do goberno británico (ou polo menos a acción inadecuada) provocou que o problema se convertese nunha catástrofe. A clase campesiña foi virtualmente exterminada no que se coñece como a ''Irish Potato Famine'' ou a [[Gran Fame Irlandesa]].
 
===Irlanda do Norte===