Ácido desoxirribonucleico: Diferenzas entre revisións
Contido eliminado Contido engadido
m (GR) File renamed: File:Hoogsteen Watson Crick pairing.svg → File:Hoogsteen Watson Crick pairing-en.svg Criterion 1 (original uploader’s request) |
m Antiparalelismo (bioquímica) |
||
Liña 7:
O '''ácido desoxirribonucleico''' ('''ADN''', ou '''DNA''', nas súas siglas en [[lingua inglesa|inglés]]) é un [[ácido nucleico]] que contén as instrucións [[xenética]]s usadas no desenvolvemento e funcionamento de todos os [[Ser vivo|organismos]] vivos coñecidos e algúns [[virus]], e é responsable da súa [[Herdanza xenética|transmisión hereditaria]]. O papel principal da molécula de ADN é o almacenamento a longo prazo de [[información]]. O ADN é comparado a miúdo cun plano ou unha receita, ou un [[Código xenético|código]], xa que contén as instrucións necesarias para construír outros compoñentes das [[célula]]s, como as [[proteína]]s e as moléculas de [[ácido ribonucleico|ARN]]. Os segmentos de ADN que levan esta información xenética son chamados [[xene]]s, pero as outras [[secuencia de ADN|secuencias de ADN]] teñen propósitos estruturais ou toman parte na regulación do uso desta información xenética.
[[Química|Quimicamente]] o ADN consiste en dous longos [[polímero]]s formados por unidades sinxelas chamadas [[nucleótido]]s, con columnas feitas de azucres e grupos fosfato unidos por vínculos [[éster]] (esqueleto pentosa-fosfato). Estes dous polímeros van en direccións opostas, polo que se di que son [[
En canto á súa forma, as moléculas de ADN do [[núcleo celular|núcleo]] das células eucarióticas son de forma linear, pero as dos [[procariota]]s, [[mitocondria]]s e [[cloroplasto]]s son tipicamente circulares.
|