Río Tennessee: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Sen resumo de edición
Afluentes
Liña 21:
==Curso==
O río Tennessee fórmase na confluencia dos ríos [[Río Holston|Holston]] e [[Río French Broad|French Broad]] ao leste de [[Knoxville]] ([[Tennessee|Tennessee)]]. Desde Knoxville, discorre cara ao suroeste polo leste do estado de Tennessee cara a [[Chattanooga]] antes de entrar en [[Alabama]]. Vira no norte de Alabama e finalmente forma unha parte da fronteira dese estado con [[Mississippi]], antes de volver a Tennessee. Neste punto, o río define a fronteira entre as outras dúas rexións de Tennessee (Medio e Oeste). A [[canle de Tennessee-Tombigbee]], un proxecto do Corpo de Enxeñeiros do [[Exército dos Estados Unidos de América|Exército estadounidense]] para facer navegable o [[río Tombigbee]] e unilo ao porto de [[Mobile]], entra en Tennessee preto da fronteira entre estes tres estados. Esta [[Canle (enxeñería)|canle]] reduce a distancia de navegación desde Tennessee, o norte de Alabama, e o norte de Mississippi ao [[Golfo de México]] en centos de quilómetros. A parte final do percorrido do río Tennessee atópase en [[Kentucky]], onde separa a rexión de Jackson Purchase (a mais occidental de Kentucky) do resto do estado. Nesas desemboca no [[río Ohio]] en [[Paducah]] ([[Kentucky]]). É un dos poucos ríos nos Estados Unidos que deixan un estado e logo volven de novo ao mesmo estado; o [[río Cumberland]] é outro deles.
 
===Afluentes===
O rio Tennessee nace ao xuntárense o French Broad e o Holston. Durante o seu curso, éntranlle pola ribeira esquerda o río Tennessee Pequeno, que vén dos Montes Fumegantes, o Hiwassee e o Big Sandy, ademais da canle Tennessee-Tombigbee. Pola ribeira dereita, o río Clinch, o Elk, o Rego Shoal, o río Duck e mais a canle que o comunica co encoro Barkley.
 
==Encoros==