Clasificación climática de Köppen: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Orto
Liña 112:
=== Clima Csa: Clima morno con verán seco, subtropical con verán seco ou mediterráneo ===
Localízase nas fachadas occidentais dos continentes entre os 30º e os 40º de latitude, alcanzando a súa máxima expresión nas ribeiras do [[mar Mediterráneo]], de quen toma o nome. Este mar xoga un papel crucial: As súas cálidas augas reducen o frío invernal pero non moderan dabondo a calor do verán, podendo as temperaturas subir notablemente nesta estación do ano. Ademais, favorece as precipitacións en outono podendo dar lugar ao fenómeno da [[gota fría]]. Tamén a orografía é importante, xa que limita a súa expansión cara ao centro do continente. Outras características importantes son:
* Verán caloroso e seco e inverno suave e chuvioso, aínda que o volume anual das precipitacións non acada os 1.000 mm, caíndocaendo frecuentemente en forma de [[treboada]]s.
* Fortes amplitudes térmicas diarias e estacionais. Pódense ver sometidas estas áreas a súpetas vagas de frío que provocan fortes contrastes térmicos en escasos días, ao substituíren aire tropical por aire polar.