Falcon Gold: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Xosema (conversa | contribucións)
Novo artigo
(Sen diferenzas.)

Revisión como estaba o 29 de marzo de 2020 ás 03:13

Falcon Gold foi un experimento da Academia da Forza Aérea dos Estados Unidos a bordo da segunda etapa dun Atlas IIA lanzado o 25 de outubro de 1997 desde Cabo Cañaveral.[1][2]

Falcon Gold
TipoDemostrador tecnolóxicco
FabricanteAcademia da Forza Aérea dos Estados Unidos
OrganizaciónForza Aérea dos Estados Unidos
Destino actualReentrado na atmsfera.[1][2]
Data de lanzamento25 de outubro de 1997, 00:46 GMT[3][4]
Foguete portadorAtlas IIA[2]
Sitio de lanzamentoCabo Cañaveral, rampla 36A[1]
Obxectivo da misiónUso do GPS en órbitas por enriba da xeoestacionaria.[1]
Decaemento27 de setembro de 1998[1]
NSSDC ID1997-065B

Características

A misión de Falcon Gold era demostrar a viabilidade do uso do GPS na órbita xeoestacionaria e máis alá. O experimento consistía nun receptor GPS para recibir e analizar os sinais de posicionamento adosado á segunda etapa do foguete lanzador, un Atlas IIA que puxo en órbita o satélite DSCS III. O experimento funcionou durante seis días, entre o 3 e o 9 de novembro de 1997, ata que se esgotaron as baterías. A segunda etapa reentrou na atmosfera terreste o 27 de novembro.[1][2]

Notas

  1. 1,0 1,1 1,2 1,3 1,4 1,5 Mark Wade (2020). "Falcon Gold" (en inglés). Consultado o 28 de marzo de 2020. 
  2. 2,0 2,1 2,2 2,3 Gunter Dirk Krebs (2020). Gunter's Space Page, ed. "Falcon Gold" (en inglés). Consultado o 28 de marzo de 2020. 
  3. N2YO (2020). Real Time Satellite Tracking, ed. "ATLAS 2A CENTAUR R/B" (en inglés). Consultado o 28 de marzo de 2020. 
  4. Claude Lafleur (2020). "Falcon Gold" (en inglés). Consultado o 28 de marzo de 2020. 

Véxase tamén

Outros artigos