Real decreto: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
HacheDous=0 (conversa | contribucións)
m HacheDous=0 moveu a páxina "Real Decreto" a "Real decreto" sobre unha redirección: Non hai motivo para que sexa en maiúsculas, se é lei, decreto, artigo tamén é real decreto.
HacheDous=0 (conversa | contribucións)
Sen resumo de edición
Liña 1:
Un '''real decreto''', coñecido tamén polo acrónimo '''RD''', no sistema [[Dereito|xurídico]] [[España|español]], é unha norma xurídica con rango de regulamento que emana do [[poder executivo]] (o [[Goberno de España|Goberno]]) e en virtude das competencias prescritas na Constitución. Con todo, non hai que confundir o contido coa forma de aprobación: os actos que emanan do Consello de Ministros adquiren a forma de real decreto (que é, por tanto, a forma en que se reviste o acto), pero non todo real decreto é un regulamento (iso dependerá do contido).
 
En calquera caso, o real decreto sitúase na orde de prelación das normas xurídicas inmediatamente despois das normas con rango de [[Leilei]] e antes da [[Orde Ministerial]]. A súa diferenza coa primeira é que emana do [[poder executivo]] e non do [[poder lexislativo]]. A súa diferenza coa segunda é que o real decreto precisa para a súa adopción da aprobación do [[Consello de ministros]] exclusivamente, mentres que a [[Ordeorde Ministerialministerial]] pode establecerse por parte dun só ministro.
 
Tanto os reais decretos como as Ordes Ministeriais integran a [[potestade regulamentaria]] da Administración Pública. Os regulamentos, en virtude do principio de xerarquía normativa, non poden contradicir o disposto nas leis e a [[Constitución española de 1978|Constitución]] prohibe que regulen unha serie de materias que reserva á lei. Un Realreal Decretodecreto é asinado polo [[Rei de España|Reirei]] e referendado polo [[Presidente do Goberno de España|presidente do Goberno]] ou polos ministros competentes.
 
[[Categoría:Dereito en España]]