Turquía: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Liña 227:
=== Clima ===
En conformidade ás diferenzas do relevo, o clima turco é moi variado. As áreas costeiras do oeste e sur de Turquía teñen un clima mediterráneo, con veráns secos, e invernos moderadamente húmidos. Na costa do Mar Negro os veráns son frescos e as precipitacións repártense ao longo de todo o ano. As condicións son máis extremas no interior árido e elevado. As montañas próximas á costa impiden que as influencias mediterráneas se estendan ao centro, polo que o [[planalto]] anatólico central ten un [[clima continental]], con invernos severos e veráns moi cálidos; no altiplano de [[Capadocia]], o [[Erdjaz Dag]], con 3.916 m ten neves perpetuas. A precipitación mediana é de 400 mm; máis con diferenzas rexionais que dependen da altitude. As rexións máis secas son a chaira de Konya e a de Malatya.
 
== Organización territorial ==
{{Artigo principal|Subdivisións de Turquía}}
Turquía é un [[estado unitario]] que se divide administrativamente en 81 [[provincia]]s, (<cite>''iller''</cite>, singular <cite>''il''</cite>) á fronte de cada unha das cales se acha un [[gobernador]] (<cite>''vali''</cite>) designado polo Goberno central. As provincias están á súa vez, divididas en distritos (demarcacións provinciais ou <cite>''ilçeler''</cite>, singular <cite>''ilçe''</cite>) e comunas que poden establecer [[imposto]]s e exercer outras iniciativas. A capital provincial (xeralmente chamada <cite>''ilçe''</cite> central) leva xeralmente o nome da provincia, coas seguintes excepcións: [[Provincia de Hatay|Hatay]] (capital: [[Antioquía]]), [[Provincia de Kocaeli|Kocaeli]] (capital: [[İzmit]]), e [[Provincia de Sakarya|Sakarya]] (capital: [[Adapazarı]]).
 
=== División rexional ===
{{Véxase tamén|Rexións de Turquía}}
[[Ficheiro:Turkey Regions.png|miniatura|400px|Mapa de Turquía coa división rexional.]]
 
Por outra banda, xeograficamente o país está dividido en sete rexións que se definiron orixinalmente no Primeiro Congreso de Xeografía do país en 1941:<ref>Ali Yiğit, "Geçmişten Günümüze Türkiye'yi Bölgelere Ayıran Çalışmalar ve Yapılması Gerekenler", ''Ankara Üniversitesi Türkiye Coğrafyası Araştırma ve Uygulama Merkezi, IV. Ulural Coğrafya Sempozyumu, "Avrupa Birliği Sürecindeki Türkiye'de Bölgesel Farklılıklar"'', [http://web.sakarya.edu.tr/~ayigit/ESERLER/TRbolgeayirm.pdf pp. 34–35.] {{webarchive|url=https://web.archive.org/web/20120331031032/http://web.sakarya.edu.tr/~ayigit/ESERLER/TRbolgeayirm.pdf |date=2012-03-31 }}</ref>
* [[Rexión do Mármara]],
* [[Rexión do Exeo|Rexión do Mar Exeo]],
* [[Rexión do Mar Negro]],
* [[Rexión da Anatolia Central]],
* [[Rexión da Anatolia Oriental]],
* [[Rexión do Sueste da Anatolia]],
* [[Rexión do Mediterráneo]].
 
== Organización político-administrativa ==