Electrólise: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
GKFX (conversa | contribucións)
m JPEG→SVG
m Arranxiños
Liña 2:
A '''electrólise''' é un fenómeno de [[descomposición química]] dun [[soluto]] por unha [[corrente eléctrica]] continua que atravesa a [[disolución]]. Os [[catión]]s, cargados positivamente, por exemplo, [[ión metálico|ións metálicos]], deposítanse no [[cátodo]], e os [[anión]]s, cargados negativamente, por exemplo, [[ión halóxeno|ións halóxenos]], fano no [[ánodo]]. A cantidade de cada elemento que se deposita nun [[eléctrodo]] é proporcional á cantidade de corrente que atravesa a disolución.
 
Este proceso ten varias aplicacións, como por exemplo, o de purificador de substancias e tamén é un sistema de separación de [[isótopo]]s para obter [[auga pesada]] de ata un 99% de pureza. Úsase tamén na obtención de [[metal alcalino|metais]] alcalinos[[alcalino]]s e algúns outros [[metal pesado|metais pesados]], co que se consegue un excelente [[grao de pureza]]. Tamén se utiliza na obtención do [[hidróxeno]], na [[análise]] electrolítica e en [[galvanotecnia]].
== Historia ==
Foi descuberta accidentalmente en 1800 por [[William Nicholson (químico)|William Nicholson]] mentres estudaba o funcionamento das baterías. Entre os anos 1833 e 1836 o físico e químico inglés [[Michael Faraday]] desenvolveu as leis da electrólise que levan o seu nome e acuñou os termos.