Química cuántica: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
m Arranxos varios
m Arranxiños
 
Liña 1:
A '''química cuántica''' é a aplicación da [[mecánica cuántica]] a problemas de [[química]].
 
Unha aplicación da química cuántica é o estudo do comportamento de [[átomosátomo]]s e [[moléculasmolécula]]s, en canto ás súas propiedades [[óptica]]s, [[electroquímica|eléctricas]], [[magnetoquímica|magnéticas]] e [[mecánica]]s, e tamén a súa [[reactividade química]], as súas propiedades [[redución|red]]-[[oxidación|ox]], ([[oxidación-redución]])... pero tamén se estudan materiais, tanto sólidos estendidos como superficies.
 
Como os estudos mecanocuánticos sobre átomos considéranse na fronteira entre a química e a [[física]], e non se inclúen polo xeral dentro da química cuántica, frecuentemente considérase como primeiro cálculo de química cuántica o levado a cabo polos científicos [[Alemaña|alemáns]] [[Walter Heitler]] e [[Fritz London]] (aínda que a Heitler e a London adóitaselles considerar físicos) sobre a molécula de dihidróxeno (H2) en [[1927]]. O método de Heitler e London foi perfeccionado polos químicos [[Estados Unidos de América|americanos]] [[John C. Slater]] e [[Linus Pauling]], para converterse no [[método de enlace de valencia]] (ou '''Heitler-London-Slater-Pauling (HLSP)'''). Neste método, préstase atención particularmente ás interaccións entre pares de átomos, e xa que logo relaciónase moito cos esquemas clásicos de [[enlace químico|enlaces]] entre átomos.