Gabinete Numismático da Casa da Moeda de Polonia: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Moedagalega (conversa | contribucións)
Créase o artigo, sobre a base da súa versión en polaco.
 
Moedagalega (conversa | contribucións)
Engado ficheiro de imaxe.
Liña 9:
 
A colección do Gabinete chegou a alcanzar máis de 70.000 pezas, principalmente moedas (tanto [[Curso legal|circulantes]] como de [[Coleccionismo de moedas|colección]]), aínda que tamén abrangueu numerosas [[medalla]]s e diversos artefactos, [[ferramenta]]s e equipamentos utilizados na súa [[cuñaxe]]. Outra parte dos seus fondos corresponde aos libros da ceca, nos que quedou constancia de todos os artigos fabricados pola Casa da Moeda de Polonia desde a época do reinado de Stanisław August Poniatowski, fundador da ceca en [[1766]].<ref name=":0">"[https://en.mennica.com.pl/about-us/our-history#zakladka=1 History of the Mint of Poland: 1764-1797 Beginnings of the Mint]". Sitio web da Casa da Moeda de Polonia.</ref><ref name=":1" />
[[Ficheiro:Gabinet Numizmatyczny Mennicy Polskiej 03.JPG|miniatura|<small>Expositor de [[Medalla|medallas]] no '''Gabinete Numismático da Casa da Moeda de Polonia'''</small>]]
 
Porén, a [[Invasión de Polonia|ocupación alemá]] en [[1939]], na [[segunda guerra mundial]], non só provocou a grave deterioración dos edificios da Casa da Moeda, senón tamén a confiscación de metais preciosos e dos fondos do Gabinete Numismático polas autoridades do [[Alemaña nazi|Terceiro Reich]], que foron trasladados a [[Alemaña]] e diseminados. Soamente puido conservarse arredor do 10 % dos fondos das coleccións, que foran ocultadas polo daquela conservador W. Terlecki; estes fondos permaneceron desde entón en [[Polonia]].<ref>"[https://en.mennica.com.pl/about-us/our-history#zakladka=4 History of the Mint of Poland: 1939-1945 German occupation]". Sitio web da Casa da Moeda de Polonia.</ref> En épocas máis recentes engadiuse á colección unha serie de medallas dedicadas á figura do [[papa]] [[Xoán Paulo II, papa|Xoán Paulo II]].<ref>"[https://www.museo.pl/content/view/1109/78/ Gabinet Numizmatyczny Mennicy Polskiej]". ''Museo.pl''</ref>