Romanización de Galicia: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
m Corrixo
Fendetestas (conversa | contribucións)
Liña 14:
O territorio pertenceu primeiro á provincia de [[Lusitania (provincia)|Lusitania]], logo á [[Tarraconensis]] e finalmente constituíuse a [[Gallaecia]], xa no [[século III]]. Esta dividiuse en tres [[conventus iuridicus|conventos]] (demarcacións) xurídicos: [[convento bracarense|bracarense]], [[convento lucense|lucense]] e [[convento asturicense|asturicense]]. O latín foi substituíndo as linguas anteriores nun proceso que remataría probabelmente no [[século III]] d.C.
 
Os medios de subsistencia continuaron a ser os mesmos; na organización económica resultan relevantes dous elementos: dunha parte, a introdución da ''vila'' romana, residencia rural de luxo e explotación agrícola a un tempo, que se expandiría a partir do século III; doutra, o aproveitamento de minas, en especial de ouro, que decaería no [[século II]]. Nas minas empregábanse escravos, mais as ''villae'' foron atendidas por [[colono]]s. A estrutura social [[Cultura Castrexacastrexa|castrexa]] persistiría longo tempo en forma de aristocracia indíxena romanizada e de poboación rural.
 
Na Gallaecia o [[cristianismo]] foi introducido serodiamente, a mediados do século III, por soldados da [[Legio VII Gemina]]. Un episodio notorio foi a difusión do [[priscilianismo]] a fins do [[século IV]].