Karl Jaspers: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Maria zaos (conversa | contribucións)
m →‎Ligazóns externas: actualizo urlmorta
Liña 68:
Aínda cando el rexeitou doutrinas relixiosas explícitas, incluída a noción dun Deus persoal, Jaspers influenciou á [[teoloxía]] moderna a través da súa filosofía da transcendencia e os límites da experiencia humana. As tradicións do [[Cristianismo místico]] influenciaron a Jaspers de forma considerable, particularmente [[Meister Eckhart]] e [[Nicolás de Cusa]]. Tamén mostrou interese activo nas relixións de Oriente, particularmente polo [[budismo]]. Jaspers tamén entrou en debates públicos con [[Rudolf Bultmann]], nos que Jaspers criticou a "demitoloxización" do cristianismo.
 
Jaspers tamén escribiu extensamente sobre a ameaza que representa para a liberdade humana a ciencia moderna e as institucións políticas e económicas modernas. Durante a [[Segundasegunda Guerraguerra Mundialmundial]] tivo que deixar o seu posto de profesor xa que a súa esposa era xudía. Unha vez rematada a guerra puido retomar o seu posto, e na súa obra ''Die Schuldfrage'' examinou a culpabilidade de Alemaña como un todo nas atrocidades cometidas polo [[Alemaña nazi|Terceiro Reich]] de [[Adolf Hitler]].
 
As obras máis importantes de Jaspers, extensas e detalladas, poden ser desalentadoras pola súa complexidade. O seu gran e último intento nunha filosofía sistemática de Existenz, chamada "Von der Wahrheit" (Da verdade), aínda non foi traducida a outros idiomas. Porén, tamén escribiu obras máis breves, accesibles e entretidas, como a notable ''A filosofía é para calquera''.