Normativa reintegracionista do galego: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
AmilGZ (conversa | contribucións)
m Engadida a categoría "Reintegracionismo"
AmilGZ (conversa | contribucións)
Sen resumo de edición
Liña 1:
A '''normativa reintegracionista do galego''', tamén chamada '''lusista'''<ref>{{DRAG|lusismo}}</ref> ou '''internacional''',<ref>[https://pgl.gal/agal-priorizara-galego-internacional-definir-modelo-lingua/ "AGAL priorizará “galego internacional” para definir o seu modelo de língua"] PGL, 12 de decembro de 2017</ref> é a normativa ortográfica e morfolóxica para o [[lingua galega|galego]] converxente coa usada no [[lingua portuguesa|portugués]] de [[Portugal]] e no [[lingua portuguesa|portugués]] do [[Brasil]]. O movemento que as promove e sustenta é coñecido como [[reintegracionismo]], dentro do que destaca o labor da [[AGAL]] e da súa ''Comissom Lingüística'' en materia de normativización.
 
Esta normativa naceu de maneira oficial en [[1983]] coa publicación do ''Estudo Crítico'', obra en que a [[AGAL]] analizaba as [[NOMIG]] creadas pola [[RAG]] e o [[ILG]], estabelecendo ao tempo a súa propia norma. Na actualidade, despois de actualizacións derivadas do [[Acordo Ortográfico da Lingua Portuguesa de 1990]], a normativa está condensada na obra ''Ortografia Galega Moderna confluente com o Português no mundo''.<ref>[https://pgl.gal/ortografia-galega-moderna-confluente-com-o-portugues-no-mundo/ "Ortografia galega moderna: confluente com o português no mundo"] PGL, 13 de febreiro de 2017</ref>
Liña 26:
* '''-M''': O fonema nasal velar, /ŋ/, no final de palabra é representado cun -m, en lugar do -n que usa a normativa oficial. Ex.: ''som, fim, comum''.
* '''J/GE,GI/X''': O fonema fricativo palatal xordo, /ʃ/, é representado como J, GE/GI ou X segundo a etimologia. A normativa oficial usa apenas X en todos os casos. Ex.: ''jeito, gente, gigante, caixa''.
* '''NH''' e '''LH''': Representan respectivamente o fonema palatal nasal, /ɲ/, e o lateral palatal, /ʎ/. No caso da normativa oficial, estes sons son representados por Ñ e LL. Ex.: ''minhoca, coelho''.
* '''Ç/CE,CI''' e '''Z''': Representan o fonema fricativo dental xordo, /θ/, en falantes thetacistas ou o fonema fricativo alveolar xordo, /s/, en falantes [[seseo|seseantes]]. A principal diferenza está en que a normativa reintegracionista diferencia dúas secuencias segundo a etimoloxía (''ça, ce, ci, ço, çu'' e ''za, ze, zi, zo, zu'') en canto a normativa oficial simplifica ambas nunha soa (''za, ce, ci, zo, zu''), a semellanza do [[lingua castelá|castelán]]. Cando se encontra en coda silábica, ambas as normativas usan sempre o Z. Ex.: ''força, centro, cinco, corço, açúcar, beleza, fazer, produzir, juízo, azul, feliz''.
* '''S/SS''': Representan o fonema fricativo alveolar xordo, /s/, tanto en zonas de thetacismo como de [[seseo]]. Na normativa oficial é usado simplemente o S. Ex.: ''sentir, passar''.