Dositeo Rodríguez: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Sen resumo de edición
Liña 5:
Licenciado en Dereito e profesor mercantil, era interventor da Administración do Estado. Foi interventor adxunto do Ministerio de Sanidade. Traballaba en [[Lugo]] na [[Universidade de Santiago de Compostela]] cando foi designado en [[1979]] xerente polo daquela reitor [[José María Suárez Núñez|Suárez Núñez]]. Naqueles tempos, Rodríguez era militante da [[Unión de Centro Democrático|UCD]]<ref name=":0">{{Cita web|título=«Le presenté la dimisión a Suárez Núñez veinte veces y no la aceptó »|url=https://www.lavozdegalicia.es/noticia/santiago/2010/04/24/presente-dimision-suarez-nunez-veinte-veces-acepto-/0003_8438847.htm|páxina-web=La Voz de Galicia|data=2010-04-24|data-acceso=2020-03-27|lingua=es}}</ref> ao igual que Suárez Núñez, que fora senador. Logo da substitución de Suárez Núñez polo novo reitor, Carlos Pajares, Rodríguez permaneceu no posto uns meses ata que dimitiu en [[1984]]<ref name=":0" />.
 
Marchou traballar a Madrid pero regresou para a administración autonómica, primeiro como asesor do [[Xerardo Fernández Albor|Presidente Albor]], e logo como asesor do conselleiro de Indutria, [[Santos Oujo]], durante o goberno tripartito. Durante a época de Manuel Fraga incorporouse como interventor xeral da [[Xunta de Galicia]] e como [[Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza|conselleiro da Presidencia e Administración Pública]] (1990-1999). Ademais do seu asento no goberno foi elixido deputado no Parlamento galego polo PPdeG (1993-1999).
 
Presentouse en [[1999]] como candidato a alcalde de [[Santiago de Compostela]] polo Partido Popular, pero non conseguiu a alcaldía e permaneceu como concelleiro e voceiro do Grupo Municipal Popular no concello e vicepresidente da [[Deputación da Coruña]] (2003). Abandonou estes cargos todos en 2006<ref>[http://www.farodevigo.es/galicia/2636/dositeo-rodriguez-deja-portavocia-pp-santiago-acta-concejal/65072.html Dositeo Rodríguez deja la portavocía del PP en Santiago y su acta de concejal]</ref>.