Diferenzas entre revisións de «Armando Requeixo»

Actualización de datos.
(Actualización de datos.)
 
== Traxectoria ==
Investigador e secretario do [[Centro Ramón Piñeiro para a Investigación en Humanidades]], é tamén profesor na [[Universidade de Santiago de Compostela]] e coordinador de actividades e publicacións da Casa-Museo Álvaro Cunqueiro.
 
O [[28 de febreiro]] de [[2014]] defendeu a súa tese de doutoramento, ''A poesía en galego de Xosé María Díaz Castro: Estudo e edición crítica'', dirixida por [[Carmen Blanco García|Carmen Blanco]] e [[Claudio Rodríguez Fer]]<ref>[http://www.sermosgaliza.com/articulo/cultura/armando-requeixo-presenta-na-usc-primeira-tese-diaz-castro/20140227103842024679.html "Armando Requeixo presenta na USC a primeira tese sobre Díaz Castro"], artigo en ''Sermos Galiza'', 27 de febreiro de 2014.</ref>.
 
Ensaísta e tradutor, é membro da [[Asociación de Escritoras e Escritores en Lingua Galega]], da Sección de Crítica desta, da Asociación Española de Críticos Literarios, e da Asociación Galega da Crítica e o [[PEN Clube de Galicia]]. Recibiu varias distincións polo seu labor como crítico, investigador e tradutor literario.
 
Dende o [[2016]] dirixe os Cadernos Ramón Piñeiro e as coleccións Láncara de Poesía e Narrativa Recuperada no seo do Proxecto Recuperación de Textos Literarios e Xornalísticos Galegos, do que é o principal responsable no CRPIH.<ref>[http://www.cirp.es/w3/proxectos/proxecto-recuperacion-textos.html páxina web do CRPIH]</ref>, onde tamén dirixe o Proxecto Bibliografía da Literatura Galega. Dende decembro do 2019 dirixe tamén os cadernos da Colección ''Selva de Esmelle'', publicación da Casa-Museo Álvaro Cunqueiro.
 
Colabora como comentarista habitual na revista ''[[Tempos Novos]]'' e o seu suplemento de libros ''ProTexta''. As súas recensións aparecen publicadas nos xornais do Grupo Editorial Prensa Ibérica (''[[Faro de Vigo]]'', ''[[La Opinión (A Coruña)]]'') e, do Grupo La Capital (''[[El Ideal Gallego]]'', ''[[Diario de Ferrol]]'', ''Diario de Arousa'', ''Diario de Bergantiños''), do portal Galicia Dixital<ref>[https://www.galiciadigital.com/opinion/autor.249.php perfil do autor en Galicia Dixital]</ref>, e mantén unha colaboración semanal na [[Radio Galega]] sobre comentario de obras narrativas e ensaísticas galegas ou traducidas<ref>[http://www.diariocultural.gal/colaboracions/?category_name=armando-requeixo perfil do autor na Radio Galega]</ref>.
 
Dende febreiro de [[2011]] mantén na Rede o blog ''Criticalia'', onde dá cabida a recensións de novidades editoriais ao tempo que achega reflexións sobre diversas cuestións relacionadas coa literatura galega.
* ''Mondoñedo literario'', [[2014]], [[Deputación de Lugo]].
* ''Voces galegas'', [[2016]], [[Xunta de Galicia]].
* ''Álvaro Cunqueiro e Mondoñedo'', [[2017]] (1ª ed.), [[2020]] (2ª ed.), [[Concello de Mondoñedo]]/[[Secretaría Xeral de Política Lingüística]].
 
=== Edicións ===
* ''Poemas do carricanto'', de [[Fernando Pérez-Barreiro Nolla]], 2017, [[Espiral Maior]].
* ''O legado dos Valladares de Vilancosta'', de Carlos Ferreirós Espinosa, [[2018]], Centro Ramón Piñeiro.
* ''Gaiola aberta. Escolma de poesía infantil (1997-2017)'', de [[Xoán Neira López|Xoán Neira]], 2018, [[Baía Edicións]].
* ''Poesía reunida'', de [[Samuel Eiján]], (coeditor), 2018, Provincia Franciscana de Santiago/ Xunta de Galicia/ [[Real Academia Galega]].
* ''Ler e vivir. Homenaxe a [[Luís Alonso Girgado]]'', de Luís Alonso Girgado, 2019, Centro Ramón Piñeiro.
* ''Roseiras de rosas roxas. Premios de Poesía Manuel Leiras Pulpeiro 2012-2018'', (coeditor), 2019, Concello de Mondoñedo/ Xunta de Galicia.
* ''Versos fideis. Premios de Poesía Díaz Jácome para Novos Creadores 2000-2018'', (coeditor), 2019, Concello de Mondoñedo/ Xunta de Galicia.
 
=== Traducións ===
* ''[[O dereito á preguiza]]'', de [[Paul Lafargue]], [[2010]], Editorial Trifolium.
* ''A servidume voluntaria'', de Étienne de la Boétie, [[2013]], Editorial Trifolium.
* ''El partido de la libertad'', de [[Albert Camus]], 2020, Editorial Trifolium.
 
=== Obras colectivas ===
* [[Premio xornalístico Manuel Reimóndez Portela]] <ref>[http://www.farodevigo.es/portada-deza-tabeiros-montes/2017/09/15/armando-requeixo-gana-reimondez-portela/1750264.html ''Armando Requeixo gana el Reimóndez Portela con cinco artículos publicados en FARO''], nova no ''[[Faro de Vigo]]'' o 15 de setembro de 2017 {{es}}.</ref>
* Premio Fervenzas Literarias ao mellor crítico literario de 2017.
* Premio Fervenzas Literarias ao mellor crítico literario de 2018.
* Premio Fervenzas Literarias ao mellor crítico literario de 2019.
 
== Notas ==
9.618

edicións