Reino suevo: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
gl map
Liña 123:
A Igrexa galega transformouse nunha institución política do Reino e formalizouse a distribución interior demográfica de Galiza en parroquias<ref>Anselmo López Carreira, ''O reino medieval de Galicia''. A Nosa Terra, 2005, páxina 187</ref>, erixidas en boa parte sobre asentamentos prerromanos.<ref>Villares (2004), p. 81</ref>
 
hola
== Historia ==
[[Ficheiro:Galician-suevic-kingdom.png|esquerda|miniatura]]
Os suevos, procedentes do interior de [[Europa]], concentráronse á súa chegada á Península Ibérica entre o [[río Douro|Douro]] e o [[Río Miño|Miño]], na zona de influencia de [[Braga]]. Os demais pobos invasores canda os suevos repartíronse o territorio: os [[Vándalos|vándalos silingos]] ocuparon a Bética, os suevos a zona occidental da [[Gallaecia]] e os [[Vándalos|vándalos asdingos]] ocuparon a parte leste. Os suevos nomearon rei a [[Hermerico]] ([[409]]-[[438]]) e estableceron o seu reino no citado territorio. É posible que Hermerico asinara un [[foedus]] con Roma no 410 ou 411, mais a distribución dos pobos bárbaros verase alterada por mor da intervención dos [[visigodos]], entre os anos 418 e 421, que axudaron ó emperador [[Flavio Honorio|Honorio]] a botar fóra ós vándalos silingos e mailos [[alanos]]. No ano 420 os vándalos asdingos, con [[Gunderico]] á cabeza, atacan ós suevos, o que provoca unha nova intervención romana en axuda ós suevos<ref>Destaca a intervención do ''Comes Hispaniorum'' [[Asterius]]. ''[http://www.jstor.org/pss/1089094 The carrer of Comes Hispaniarum Asterius]'', Michael Kulikowski {{En}}.</ref> na [[batalla dos montes Nervasos]]. Os vándalos bátense en retirada cara ao sur, deixando o sitio para os suevos, que terán, agora si, un reino que abranga toda a antiga provincia romana da [[Gallaecia]].
 
Durante todo o [[século V]] os enfrontamentos entre os suevos e a aristocracia galaico-romana foron habituais. Debido á súa enfermidade, [[Hermerico]] abdicou no ano 438 en favor do seu fillo [[Requila]] ([[438]]-[[448]]), quen emprendeu unha política expansiva que fixo que os suevos se consolidasen no norte da [[Lusitania (provincia)|Lusitania]]. Oficializou a capital do reino en [[Braga]], e espallou o reino cara ao sur, conquistando [[Mérida, España|Mérida]], a capital da Lusitania, no ano 439 e chegando a tomar [[Sevilla]] no ano 441. A Requila sucedeuno [[Requiario]] ([[448]]-[[456]]), primeiro rei suevo nado en territorio galaico, que adoptou o catolicismo no [[449]], o que produciu unha pronta fusión entre a poboación xermánica e a galaicorromana.<ref name=":0">{{Cita libro|título=Grandeza e decadencia do reino de Galicia|apelidos=González López|nome=Emilio|editorial=Editorial Galaxia|ano=1978|ISBN=8471543036|ref=}}</ref> No ano 456 tivo lugar a [[batalla do río Órbigo]], que enfrontou a [[suevos]] e [[visigodos]], os cales loitaban contra o expansionismo suevo. Os visigodos derrotaron aos suevos, o que tivo como consecuencia o asasinato de Requiario e o saqueo de Braga polos visigodos.
 
[[Ficheiro:wikiMaioriano.png|dereita|miniatura|[[Sunierico]] iniciou a conquista de Hispania cun exército romano-visigodo por orde do emperador [[Maioriano]].]]
Trala derrota fronte aos visigodos, o reino suevo dividiuse en dous e gobernárono simultaneamente [[Frantán]] e [[Aguiulfo]]. Ámbolos dous fixérono dende [[456]] ata [[457]], ano no que [[Maldras]] ([[457]]-[[459]]) reunificou o reino, para acabar sendo asasinado tras unha conspiración romano-visigoda que finalmente fracasou. A pesar de que a conspiración non conseguiu os seus auténticos propósitos, o reino suevo viuse novamente dividido entre dous reis, [[Frumario]] ([[459]]-[[463]]) e [[Remismundo]] (fillo de [[Maldras]]) ([[459]]-[[469]]) que reunificou novamente o reino do seu pai no 463 e que se viu obrigado a adoptar o [[arrianismo]] no [[465]] debido á influencia visigoda.
 
Trala morte de [[Remismundo]] entrouse nunha época escura, que durou ata [[550]], ano no que desaparecen practicamente todos os textos escritos. O único que se sabe desta época é que moi probabelmente [[Teodemundo]] gobernou Suevia.
 
A época escura rematou co reinado de [[Carriarico]] ([[550]]-[[559]]), que se converteu novamente ao catolicismo no 550. Sucedeuno [[Teodomiro dos Suevos|Teodomiro]] ([[559]]-[[570]]) (non se confunda con [[Teodomiro (visigodo)|Teodomiro]], duque (''dux)'' do [[século VIII]], gobernador de provincia visigoda de ''Aurariola'').<ref>Posteriormente, coa dominación islámica, e mercé a un famoso e documentado Tratado asinado con Abd al-Aziz ibn Musa en abril de 713, gobernou a título de rei un territorio cristián visigodo autónomo dentro de Al-Ándalus, denominado ``kora de Tudmir``, territorio que abarcaba aproximadamente as actuais provincia de Alacant e a Rexión de Murcia, composto polas chamadas sete cidades que se citan no tratado, con capital en Orihuela.</ref> durante o reinado do cal tivo lugar o [[Primeiro Concilio de Braga]] ([[561]]), no que se tratou a cuestión priscilianista e os problemas internos de la Iglesia Durante esta época, entre os nativos [[galaicos]] e os [[suevos]] desaparecerían as diferenzas, este feito tería por resultado que os autores coetáneos se refiran ao reino nese momento como ''Galliciense Regnum''<ref>''Historia Francorum''. Gregorio de Tours.</ref>, e aos reis indistintamente como ''Regem Galliciae''<ref>''De scriptoribus ecclesiasticis''. Sigebertus Gembalensis.</ref>, ''Rege Suevorum'' ou ''Galleciae totius provinciae rex''<ref>RISCO, M., España Sagrada 40- 41.</ref>.
{{cita|Mironis Galliciensis regis ''"Miro, rei de Galicia"''<ref>[http://www.thelatinlibrary.com/gregorytours/gregorytours6.shtml Historia dos Francos, Libro 6, capítulo 43. De Galliciensibus regibus]</ref>}}
 
{{cita|Mirus rex Galliciensis legatos ad Guntchramnum regem dirixit.''"Miro rei de Galicia enviou delegados ao rei Guntchramn"''<ref>Historia dos Francos, Libro 5, capítulo 41. De legatis Calliciensibus ac prodigiis. [http://www.thelatinlibrary.com/gregorytours/gregorytours5.shtml]</ref>}}
 
Brillou nesta época o labor de [[Martiño de Dumio]], recoñecido coma ''episcopi Gallaecia''<ref>''Martini Episcopi Bracarensis Opera Omnia'' pp. 288-304.</ref>, impulsor dos devanditos concilios, da ordenación do territorio (''[[Parrochiale suevum]]'') e da difusión do cristianismo fronte as crenzas [[paganismo|pagás]] de raíz prerromana (''De correctione rusticorum''). Desempeñou funcións de auténtico [[chanceler]] do rei Teodomiro.
 
[[Miro]] ([[570]]-[[583]]) foi o seu sucesor. Durante o seu reinado celebrouse o [[Segundo Concilio de Braga]] ([[572]]), no que se chega a completar a creación dunha Igrexa "nacional" sueva dotándoa do seu propio deretio canónico que é recreado a partir dos principais concilios da [[Igrexa ortodoxa|Igrexa grega]].<ref>García Moreno (1982), pp. 304-305</ref>
 
Aproximadamente no [[577]] iniciouse a guerra civil visigoda, na que interveu [[Miro]] en axuda de [[Hermenexildo]], o fillo rebelde do rei [[Leovixildo]], e ademais pretendeu fortalecer relacións con [[francos]] e [[bizantinos]]. Isto supuxo serias liortas cos visigodos. No 583 Miro organizou unha expedición fracasada de conquista a [[Sevilla]]. Durante a volta desta expedición o rei atopou a morte. No reino suevo comezaron a producirse moitas liortas internas. [[Eborico]] (tamén chamado [[Eborico|Eurico]]) ([[583]]-[[584]]) foi destronado por [[Andeca]] ([[584]]-[[585]]), que fallou no seu intento por evitar a invasión visigoda dirixida por [[Leovixildo]], que se fará efectiva finalmente no 585. Aínda así xurdiu un pretendente suevo ó trono, descendente do rei Miro, chamado [[Malarico]]. Este rematou derrotado no 586 por Leovixildo, rematando así toda resistencia sueva.
 
== Organización política e administrativa ==