Sturmabteilung: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
m →‎Líderes da SA: Arranxos varios
Etiquetas: edición desde un dispositivo móbil Edición feita a través do sitio móbil
Liña 7:
O termo Sturmabteilung orixinalmente proviña das tropas especializadas de asalto usadas por [[Alemaña]] na campaña da [[Primeira Guerra Mundial]] en marzo de [[1918]]. En lugar dun asalto en gran masa, a Sturmabteilung estaba organizada en pequenos equipos duns poucos soldados. Isto permitía aos alemáns enfrontarse ás liñas británicas e francesas ao longo de decenas de quilómetros.
 
O mesmo [[Adolf Hitler]] fundou a SA en [[Múnic]] no ano [[1921]]. Ao principio funcionaba como un grupo de gardacostasescoltas para vixiar a orde nas reunións do partido. Orixinalmente o comandante das SA foi [[Hermann Göring]], pero tras o [[Putsch de Múnic]] este fuxiu a [[Suecia]] e o comando pasou a [[Ernst Röhm]], o maior inimigo de Göring dentro do partido. Baixo o liderado de Röhm, a SA medrou en importancia dentro da estrutura de poder nazi, chegando a sumar centos de miles de membros. A SA levou a cabo numerosos actos de violencia fundamentalmente en contra de grupos socialistas e comunistas durante os anos 20, normalmente en pelexas na rúa menores. As [[Schutzstaffel|SS]] acabaron asumindo o rol orixinal da SA.
 
Despois da toma de poder de [[Hitler]] en [[1933]], a SA buscaba máis poder e víase a si mesma como unha substitución do exército alemán. Isto incomodou ao exército regular ([[Reichswehr]]), que xa estaba molesto co partido nazi. Tamén engadiu tensión o que outros líderes dentro do partido (incluídos Göring pola súa vella inimizade con Röhm, e [[Heinrich Himmler]], líder da SS que competía cos camisas pardas) visen a Röhm, coa súa poderosa SA, como unha ameaza para as súas ambicións persoais.