Protón: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
corrixo radio* -> raio
Agremon (conversa | contribucións)
Sen resumo de edición
Liña 51:
 
No moderno [[Modelo estándar]] da [[física de partículas]], os protóns son [[hadrón]]s, e, como os [[neutrón]]s, os outros [[nucleón]]s, están compostos de tres [[quark]]s. Despois da consideración orixinal de partícula elemental, hoxe recoñécense como estruturados de tres [[quark]]s: dous [[quark arriba]], de carga +{{sfrac|2|3}}''e'' e un [[quark abaixo]] de carga –{{sfrac|1|3}}''e''. A [[masa]] en repouso dos quarks constituíntes contribúe só nun 1% da masa do protón.<ref>{{Cita web|url=https://www.sciencemag.org/news/2010/04/mass-common-quark-finally-nailed-down|apelidos=Cho|nome=Adrian|data=2010-04-02|páxina-web=Science AAAS|título=Mass of the Common Quark Finally Nailed Down|data-acceso=2018-12-09|lingua=en}}</ref> O resto da masa do protón é debida á [[cromodinámica cuántica|enerxía da estrutura entre quarks]], incluíndo a [[enerxía cinética]] dos quarks e a enerxía dos [[gluón]]s do campo que manteñen xuntos os quarks. como so protóns non son partículas fundamentais, teñen un tamaño físico, aínda que [[Principio de Indeterminación|non totalmente definido]]; a raíz cuadrática media ([[raio de carga]]) dun protón está entre 0,84–0,87 [[femtómetro|fm]] (0,84*10<sup>−15</sup> a 0,87*10<sup>−15</sup> [[metro|m]]).<ref>http://www.psi.ch/media/proton-size-puzzle-reinforced</ref><ref>{{Cita web|url=http://doc.rero.ch/record/31960/files/kno_psm.pdf|páxina-web=doc.rero.ch|título=Proton Structure from the Measurement of 2S-2P Transition Frequencies of Muonic Hydrogen|data-acceso=2018-12-09}}</ref>
 
En [[2020]] subsiste o enigma da masa do protón, pois a masa dos quark constituintes e a subministrada polo [[bosón de Higgs]] só supón do orden do 1% da [[masa]] observada.
 
== Notas ==