Folga xeral en España de 1855: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
m Bot: Arranxos varios
arranxiños
Liña 18:
 
=== Día 2 de xullo ===
A folga principiou á hora do almorzo do 2 de xullo, cando os obreiros de Barcelona, Gracia[[Gràcia]], [[Badalona]], Sans[[Sants]] e outras localidades da periferia, e [[Igualada]], abandonaron as fábricas. En SansSants morreu dun disparo o presidente da organización patronal, e deputado a Cortes, [[José Sol y Padrís]].<ref name=":0">Arbeloa (2003), p. 301</ref> Esa mesma tarde, o capitán xeral Zapatero facía pública a seguinte proclama:<ref name=":2" />
 
{{Cita|No día de hoxe, e dun xeito incalificábel, vin que se suspenderos tódolos traballos das fábricas, cedendo os obreiros ás suxestións de mala índole, pois cónstame que moitos ou a xeralidade de eles están contentos cos prezos que lles proporciona a súa honrosa ocupación (...). Malevola e perfidamente tense intendado persuadir aos honrados obreiros, que pola miña autoridade ían ser disoltas as asociacións filantrópicas e de respectábel obxecto (...). Prohibiuse a continuidade das que non teñen eses requisitos, das que se achan fóra da lei, e das que levan un fin reprobado e vén se-la causa de que se subvirta a orde...}}
 
Pola súa parte, o concello de Barcelona exhortou aos obreiros a non deixárense enganar por «pérfidos instigadores que detestan a causa liberal e ao Ilustre Duque da Vitoria». A este chamamento sumouse a [[Deputación de Barcelona]] e,o [[Diocese católica latina de Vic|bispo de Vic]] falou de que a resignación e o sufrimento habían ser recompensados na "vindeira vida":<ref>Tuñón de Lara (1977), p. 108-109</ref>
 
{{Cita|Conxurámosvos polas entrañas do Noso Señor Xesus Cristo que abandonedes esa actitude que tanta zozobra e alarma causan ás vosas autoridades e a tódolos vosos concidadáns; que retornedes ao traballo, que volvades aos vosos talleres en onde co traballo das vosas mans poidades gaña-lo sustento das vosas familias (...). Se na vosa vida laboriosa tedes que vos suxeitar a algunhas privacións, a relixión ensínavos a resignación e o sufrimento, a relixión consólanos, prometéndonos máis abondosas felicidades para unha vida futura, canto maiores teñan sido as provacións na presente.}}
 
Mais estes chamamentos non conseguiron efecto e a folga continuou en forma de manifeestaciónmanifestación baixo o lema escrito nunha [[Bandeira vermella|bandeirola vermella]]: «Asociación ou morte".<ref name=":0" /> Ademais dese lema, as reivindicacións incluían a liberdade de asociación, a redución da xornada de traballo e o aumento do salario. A «Unión de clases» publicou un Manifesto no que, dirixíndose á clase obreira de Cataluña, eran exhortados a se sumaren á aciiónación folguista.<ref name=":1" />
 
O 3 de xullo estendeuse a Vic, Roda e [[Sant Hipòlit de Voltregà]] e ese mesmo día unha gran manifestación dirixiuse até o concello de Barcelona para esixir a entrega dunha bandeira vermella que fora requisada o día anterior por un policía municipal. «Ás dez da noite foilles entregada a bandeira e a manifestación disolveuse entre cantos e aclamacións».<ref>Tuñón de Lara (1977), p. 109-110</ref>