Niza: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
de un > dun
Sen resumo de edición
Liña 33:
|sitio web = [http://www.nice.fr/ Páxina oficial de Niza]
}}
'''Niza'''<ref>{{DRAG|subprefectura}}</ref><ref name="Diciopedia">Ver entrada de «Provenza-Alpes-Costa Azul». {{cita libro |título=[[Diciopedia do século 21]] |isbn=9788482893600 |outros=Isaac Díaz Pardo, Víctor F. Freixanes, Antón Mascato (edición)|ano=2007 |editoreditorial= [[Edicións do Cumio|Do Cumio]], [[Editorial Galaxia|Galaxia]] e [[Ediciós do Castro|do Castro]] |páxina=1711|volume=3}}</ref> (en {{lang-fr|Nice}}; en {{lang-oc|Niça}}) é unha cidade [[Francia|francesa]], capital do [[departamentos franceses|departamento]] dos [[Alpes Marítimos]], na rexión de [[Provenza-Alpes-Costa Azul]]. No ano 2014 tiña 343.895 habitantes, cunha [[área metropolitana]] de máis dun millón de persoas, sendo a quinta comuna francesa por poboación (logo de [[París]], [[Marsella]], [[Lión]] e [[Tolosa, Francia|Tolosa]]).<ref name="r1">[http://insee.fr/fr/themes/tableau_local.asp?ref_id=POP&millesime=2012&typgeo=AU2010&typesearch=territoire&codgeo=Nice+%28007%29&territoire=OK Insee - Résultats du recensement de la population de 2012 - Aire urbaine de Nice], consultado o 11 de agosto de 2015</ref>
 
A cidade, capital histórica do Condado de Niza, estivo ligada a [[Italia]] ata a súa invasión e anexión francesa a finais do [[século XIX]]. Unha parte da súa poboación conserva o dialecto nizardo, unha variedade da [[Lingua lígur (románica)|lingua lígur]] moi influída pola [[lingua occitana]] despois da década de 1860. En zonas próximas á cidade fálanse variantes do ligur, incluíndo o [[monegasco]] e a do val do Roia. É moi probable que na [[Idade Media]] o lígur fora a lingua principal da cidade.