Diferenzas entre revisións de «Historia do Reino Unido»

 
=== Lei de Unión (1800) ===
 
As invasións dende Inglaterra polos gobernantes normandos en [[1170]] desencadearon séculos de loitas e enfrontamentos en Irlanda. Sucesivos Reis de Inglaterra presenciaron tanto a conquista coma o saqueo de Irlanda, impoñendo o seu goberno pola forza na illa enteira. A comezos do século [[XVII]], iniciose un grande asentamento na provincia irlandesa do [[Ulster]] por colonos protestantes dende Escocia e Inglaterra, que provocou o desprazamento de moitos dos católicos irlandeses nativos habitantes desta parte de Irlanda. Dende tempos dos primeiros invasores normandos dende Inglaterra, Irlanda foi obxecto de control e regulación, ao primeiro por Inglaterra e nos últimos tempos por Gran Bretaña.
 
Posiblemente inspirados pola [[Guerra da Independencia Americana]] ([[1775]]–[[1783]]), unha forza unida de voluntarios irlandeses empregaron a súa influencia para conseguir unha maior independencia do Parlamento Irlandés. Isto garantiuse en [[1782]], permitíndolle o comercio libre e a independencia lexislativa a Irlanda. Sen embargo, a revolución francesa alentara as crecentes chamadas para moderar a reforma constitucional. A Sociedade de Irlandeses Unidos (''Society of United Irishmen''), composta por presbiterianos de [[Belfast]] e anglicanos e católicos de [[Dublín]], fixeron campaña a prol da fin da dominación británica. O seu líder [[Theobald Wolfe Tone]] ([[1763]]–[[1798]]) traballou coa Convención Católica de 1792 (''Catholic Convention of 1792'') que solicitou a fin das leis penais. Logo de fracasar no intento facerse co apoio do goberno británico, viaxou a [[París]], facendo fronte a un número de forzas navais francesas e chegou a Irlanda para axudar coas insurreccións previstas. Estes foron asasinados polas forzas do goberno, pero estas rebelións convenceron aos británicos baixo Prime Minister William Pitt de que a única solución era rematar coa independencia de Irlanda dunha vez por todas.
 
A Unión Lexislativa da Gran Bretaña e Irlanda completouse o 1 de xaneiro de [[1801]], en ambos parlamentos irlandés e británico, baixo a Lei de Unión de [[1800]] (''Act of Union 1800''), cambiándolle o nome ao país por Reino Unido da Gran Bretaña e Irlanda (''United Kingdom of Great Britain and Ireland''). Irlanda enviou sobre 100 parlamentarios á Casa dos Comúns (''House of Commons'') en [[Westminster]] e 28 ''peers'' á Casa dos Lords (''House of Lords''), electos de entre o seu número polos propios ''peers'' irlandeses (aos católicos non se lles permitía ''peerage'').
 
==As dúas revolucións do século XVII==