Diferenzas entre revisións de «Albert Uderzo»

m
m (+ ref. e retiro marcador tras solucionar o problema)
Uderzo naceu en [[Normandía]], ao pouco de trasladarse alí os seus pais dende [[Italia]]<ref>Christian Philippsen e Albert Uderzo, ''Uderzo : de Flamberge à Astérix'', Philippsen, 1985 (ISBN 2-905336-00-5), p. 10 {{fr}}.</ref>. Tomou o seu nome do pobo italiano de [[Oderzo]] (anteriormente chamado Uderzo), de onde procedía a súa familia. De neno soñaba con converterse en mecánico de [[avión (medio de transporte)|avión]]s, malia o seu talento artístico a moi curta idade. Naceu [[daltonismo|daltónico]], e con dous dedos extra, que lle foron extirpados cirurxicamente. A súa vista mellorou moito dende entón.
 
Durante a [[Segunda Guerra Mundial]], ao mozamozo Uderzo abandonou [[París]] e pasou un ano en [[Bretaña]], ao lesteoeste de [[Francia]], traballando nunha granxa e axudando co negocio de mobles do seu pai. Moitos anos despois, cando Goscinny deixou a decisión de situar a aldea de Astérix nas súas mans, Uderzo elixiu rapidamente Bretaña.
 
Trala guerra, iniciou unha exitosa carreira como debuxante en París, creando personaxes como Flamberge e Clopinard, un homiño dunha soa perna que sempre triunfa contra todo prognóstico. Entre [[1947]] e [[1948]] crea outros [[cómic]]s, como Belloy e Arys Buck. En [[1950]], debuxou varios episodios do personaxe de orixe británica [[Capitán Marvel|Capitán Marvel Jr.]] para a revista ''Bravo!''.
 
=== Con Goscinny ===
Tras uns cantos anos doutras creacións e viaxes, coñeceu a [[René Goscinny]] en [[1951]], facéndose amigos rapidamente, e decidindo colaborar xuntos na nova oficina parisina da compañía belga World Press en [[1952]]. A súa primeira creación foi [[Jehan Pistolet]]. En [[1958]] comezan o seu traballo en Oumpah-pah (que duraría ata 1962), así como algunhas outras series. En [[1959]] Goscinny e Uderzo convértense en editor e director artístico, respectivamente, da nova revista ''[[Pilote]]'', dirixida a nenos maiores. No primeiro número aparecía por primeira vez Astérix no mercado francés, sendo un inmediato éxito.
 
Inicialmente trátase dun serial máis dentro de Pilote, pero en [[1961]] publicouse o primeiro álbum autónomo, ''[[Astérix o galo|Astérix o Galo]]''. Para 1967, o cómic fíxose tan popular que os seus autores decidiron dedicarse en exclusiva a el, producindo uns dous álbums ao ano. Trala morte de Goscinny en 1977, Uderzo fíxose cargo ademais do guión, o que fixo que a produción se fixese moito máis lenta, aproximadamente un álbum cada catro anos. Malia iso, os créditos de cuberta seguen declarando os novos álbums como obra de "Goscinny e Uderzo".
 
== Polémica con Unix ==
2.683

edicións