Albert Uderzo: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
mSen resumo de edición
Liña 2:
 
[[Ficheiro:Uderzo.jpg|miniatura|dereita|Albert Uderzo.]]
'''Albert Uderzo''', nado en [[Fismes]] o [[25 de abril]] de [[1927]] e finado en [[Neuilly-sur-Seine]] o [[23 de marzo]] de [[2020]], foi un debuxante e, posteriormente, guionista de historietas [[Francia|francés]]. A súa serie de maior sona é "[[Astérix]]", creada en [[1959]] co guionista [[René Goscinny]].
==Traxectoria==
Uderzo naceu en [[Normandía]], ao pouco de trasladarse alí os seus pais dende [[Italia]]. Tomou o seu nome do pobo italiano de [[Oderzo]] (anteriormente chamado Uderzo), de onde procedía a súa familia. De neno soñaba con converterse en mecánico de [[avión (medio de transporte)|avión]]s, malia o seu talento artístico a moi curta idade. Naceu [[daltonismo|daltónico]], e con dous dedos extra, que lle foron extirpados cirurxicamente. A súa vista mellorou moito dende entón.