Verducido, A Lama: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Liña 23:
 
== Patrimonio ==
[[Ficheiro:File:Cemiterio Verducido.jpg|dereita|miniatura|Tumbas de Francisco Garrido de la Vega e Francisco Antonio Albán Barreiro.]]
O actual templo parroquial que data do [[século XVIII]], substituíu un outro edificio anterior do que, posibelmente, fican como únicas pegadas dúas imaxes de granito policromado, representando unha a San Bieito e a outra a unha Virxe co Menino no Colo. Esta segunda imaxe, actualmente na sancristía e coñecida como Santa da Fonte ou das Augas, é probabelmente unha virxe tardo-gótica na que xa agroman algunhas influencias da arte [[Flandres|flamenga]]. A imaxe presenta a Virxe coroada, ergueita, ofrecéndolle ao meniño Xesús, sentado no seu colo, unha pequena esfera coa man dereita (un símbolo da divindade, unha alegoría do mundo ou, sinxelamente, un froito). Destaca o longuísimo cabelo da Virxe caendo polos ombreiros e baixando case ata os cóbados. Este longo cabelo atópase, fora de [[Galiza]], no treito final do [[século XV]] e no primeiro terzo do [[século XVI]], naquelas obras de influencia flamenga, especialmente na pintura e nas tallas dos retablos. Posteriormente esta imaxe da Virxe, co cabelo tan longo, será habitual nas representacións de pintores españois da primeira metade do [[século XVII]] ([[Zurbarán]], [[Murillo]] e discípulos). As súas formas son arcaizantes, resolvéndose en base a figuras xeométricas e a repetición mecánica e, as veces, pouco afortunada de clichés (as ondas dos bordos dos grosos panos e os tubos de órgano que deseñan os pregues da roupa). As figuras, frontais e ríxidas, incapaces de romper o bloco no que foron esculpidas aplástanse dentro del, sen crear apenas espazo, xerando esa inorganicidade do meniño, que mais que sentarse semella que quere pular dos brazos da nai. Atopámonos, quizais, perante unha escultura gótica, indubidablemente tardía, na que xa agroman con forza influxos flamengos.
 
No arco triunfal do templo parroquial aparece a seguinte inscrición: {{Versaleta|ESTA OBRA HIZIERON LOS VEZINOS COMO PATROS IN SOLIDUN POR DERECHO LOCAL SIENDO ABAB D.FR.GARIDO HIJO DE VEZINO. AÑO DE 1776}}. Hai unha segunda inscrición na varanda da fermosa torre do campanario de difícil lectura, mas da que parece poder extraese a data de [[1790]] como a de finalización da torre.
 
No adro da igrexa están soterrados os bispos católicos [[Francisco Garrido de la Vega]] (1713-1776) e [[Francisco Antonio Albán Barreiro]] (1764-1837), ambos os dous nados na parroquia.