Claude Simon: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Nicole (conversa | contribucións)
Liña 12:
En [[1936]] viaxou a [[Barcelona]] e loitou na [[Guerra civil española|guerra civil]] á beira da [[República]]. A experiencia desta guerra inspiraría algún dos seus mellores libros como ''Le Palace'' (''O palacio'', [[1962]]) ou ''Le jardin des plantes'' en [[1997]].
 
Ao estalar a [[segunda guerra mundial]], participou na Batalla do [[Meuse]] ([[1940]]), pero foi detido polos [[Alemaña|alemáns]] que o enviaron a un campo de prisioneiros en [[Saxonia]]. No traslado a un campo de prisioneiros en [[Francia]], conseguiu escaparse e afiliouse ao movemento da [[Resistencia francesa|Resistencia Francesa]]. Refuxiouse no sueste francés, entón zona libre, onde comprou unha propiedade en [[Salses]], preto de [[Perpiñán]] e se converteu nun viticultor amante da pintura e a fotografía, antes de dedicarse á escritura.
 
A súa primeira obra como escritor, ''Le Tricheur'' (''O Tramposo'') publicouse en [[1946]] e un ano máis tarde ''La Corde Raide'' (''A corda frouxa''), pero é en [[1960]] cando se publica o seu primeiro éxito literario, ''La Route des Flandres'' (''A ruta de Flandres''), que trata sobre a derrota militar francesa en [[1940]] e polo cal recibiría o premio da [[Nouvelle Vague]] en [[1961]]. En [[1967]] obtería un novo galardón, o premio francés de vangarda [[Premio Médicis|Médicis]], polo seu libro ''Histoire'' (''Historia'', [[1967]]), que conta un día calquera na vida dun home novo. Esta obra confirmouno como autor de prestixio e minoritario, unha consideración que non cambiará ata a obtención do [[Premio Nobel|Nobel]].
 
Xunto con [[Alain Robbe-Grillet|Robbe-Grillet]] e outros escritores como [[Nathalie Sarraute]], [[Robert Pinget]], [[Samuel Beckett]], [[Jean Ricardou]] e [[Claude Ollier]] formou parte do grupo literario do ''[[nouveau roman]]'' emerxido en [[Francia]] en [[1950]], que brevemente tivo tamén por membros a [[Michel Butor]] e [[Marguerite Duras]].
 
En [[1981]] sae á luz ''Les Géorgiques'' (''As Xeórxicas'', [[1981]]) onde en tres épocas distintas e en períodos de axitación e violencia -a [[Revolución Francesa]], a [[guerra civil española]] e a [[segunda guerra mundial]]- tres personaxes viven sucesos e experiencias que parecen superponerse. Neste libro o autor volve reflectir a súa experiencia no bando republicano da [[guerra civil española]]. Ao concederselle o [[Premio Nobel de Literatura]] en [[1985]], a [[Academia Sueca]] mencionou esta novela como a súa obra se cadra máis importante.
Liña 26:
Nos últimos anos, viviu retirado do éxito, alternativamente no sur de [[Francia]] e de incógnito en [[París]], cerca do xardín botánico que deu título a unha das súas novelas ''Le jardin des plantes'' ([[1997]]).
 
En [[2001]], con 88 anos, publicou a súa última novela ''Le tramway'' (''O tranvía''), unha autobiografía con recordos da súa infancia e vellez na que se describe a si mesmo como un autor ''difícil, aburrido, ilegibleilexible e confuso''.
 
Morreu o [[6 de xullo]] de [[2005]] aos 91 anos de idade. O primeiro ministro [[Francia|francés]], [[Dominique de Villepin]], que expresou a súa "''tristura máis profunda''" pola morte de Simon, dixo na súa declaración "''A literatura francesa perdeu a un dos seus grandes autores''".