Teoría da evolución: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Sen resumo de edición
 
Sen resumo de edición
Liña 2:
Teoría proposta por [[Charles Darwin]] na súa obra ''[[A orixe das especies]]'', que propón a competencia e a aptitude como mecanismo evolutivo, na idea de ''a supervivencia dos máis aptos''. A teoría estabrece que os distintos individuos non nacen coas mesmas características. Algunhas destas características poden ser máis aptas que as que herdan outros individuos (en termos de velocidade ou forza, por exemplo), o que fai que á longo prazo estes animais teñan maiores probabilidades de supervivencia. Así, pouco a pouco a especie verase poboada por estes individuos que, ó teren maiores probabilidades de supervivencia tenderán a ter máis descendencia, e así sucesivamente, ata que tódolos individuos da especie herdasen esas novas características (ou poden ser cambios da suficiente magnitude para constituír un grupo diferenciado do grupo conformado polos individuos sen estas características). Neste punto ocorreu unha evolución dentro da especie.
 
Existen variantes desta teoría coñecida como ''Darwinismo'': a Canónica ou ''Teoría da Evolución dos Individuos'' (que considera ós individuos como centro da evolución) e a ''Teoría da Evolución das Especies'' (que considera as especies como obxecto da evolución), coñecidasencadradas comonunha corrente de pensamento científico denominado ''[[Neodarwinismo]]''.
 
== Neodarwinismo ==
 
 
A Teoría da Evolución de Darwin pode ser vista como un caso especial da Teoría da Conservación do Estable. Esta tautoloxía estabrece que o que existe (alomenos o tempo suficiente para merecer un nome) ''tenderá'' a seguir existindo. Isto non é máis que unha versión das leis de Newton (parafraseando, ''todo corpo nun estado continuará en dito estado ata que unha forza o faga cambiar de estado'').
 
Nembargantes, un organismo poderá continuar existindo namentres exista outro organismo que cumpla a condición de ''ser a súa réplica exacta''. Sen mentar aquí as teorías que existen sobor do paso da materia inanimada á vida orgánica, baste con que exista un organismo coa capacidade de facer copias de si mesmo. Unha vez que exista un organismo así, comezará inefablemente a evolucionar. A evolución dependerá de factores como a fidelidade na copia, a lonxevidade e a frecuencia de copia. Isto é, os erros nas copias que se irán acumulando sucesivamente. En termos xerais, os individuios e as especies non ''pretenden'' evolucionar: a evolución é o ''efecto colateral'' da falla de completa fiabilidade no proceso de copia.
 
A partires de aquí, unha das máis interesantes propostas é a correspondente a [[Richard Dawkins]] na súa obra ''[[O xen egoísta]]'', na que propón considerar, no canto do individuo, ó xen como obxecto da evolución. Na obra, Dawkins estabrece a metáfora didáctica de que a evolución e froito da competencia despiadada entre os xens e os alelos respectivos, o único obxectivo dos cales é a súa propia perpetuación (en forma orixinal ou das súas copias).