Dólar estadounidense: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Sen resumo de edición
Moedagalega (conversa | contribucións)
Ligazón interna.
Liña 35:
Outra é que o símbolo foi derivado de -ou inspirado por- a [[marca de ceca]] da [[Casa da Moeda de Bolivia|casa da moeda]] colonial española da cidade. Nela atopábase a mina de [[Potosí]], no actual país de [[Bolivia]]. Esta marca de [[Casa de moeda|ceca]] estaba composta das letras PTSI superpostas unha encima doutra, formando un símbolo moi similar ao orixinal símbolo do dólar (o dunha barra vertical: ''$''). As moedas de oito reais de prata de España e as súas colonias eran de uso común nas colonias inglesas de Norteamérica. Gran parte desas moedas serían [[Cuñaxe|acuñadas]] na mina de Potosí. Estas, ademais, haberían ter un perfil algo elevado, xa que a mina de prata de Potosí presuntamente foi a máis grande da historia, tanto que Potosí chegou a ser durante un tempo a cidade máis grande de toda América e a súa fama era mundial naquela época.
 
Hoxe en día, nalgunhas ocasións, aínda se usa a variante con dúas barras verticais. Esta variante atribúese ás veces á idea de superpoñer ''U'' e ''S'' (de ''United States''), pero parece que a mesma xa existía pola época en que a zona era colonia británica. O símbolo sería unha estilización das [[Columnas de Hércules]] que aparecían nas moedas acuñadas na [[Casa da moeda de México|CecaMoeda de México]], os [[Real de oito|reais de 8]] chamados columnarios. As barras verticais serían as columnas e a S sería a banda coa lenda «[[Plus Ultra (lema)|Plus ultra]]» que as envolvía. Un selo con esta forma se estampaba sobre os lingotes de ouro e prata que viaxaban nas [[Frota de Indias|frotas de Indias]] con destino ao Tesouro Real. A versión dunha soa barra é unha simplificación do orixinal de dúas.
 
Para rematar, a similitude do símbolo do dólar co do [[sestercio]] (''IIS'', ''I·IS'' ou ''HS'') podería facer pensar nunha orixe romana. Con todo, nos manuscritos antigos nunca aparece o símbolo do sestercio cos trazos verticais superpostos á letra ''S''.<ref>Cajori examina as teorías de que o símbolo ten as súas orixes na marca de Potosí, as iniciais «O.S.», as Columnas de Hércules e a antiga abreviatura do sestercio, e descártaas. ''A History of Mathematical Notations'', 15-20.</ref>