Dieppe: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
HacheDous=0 (conversa | contribucións)
das wikipedias en francés e alemán
 
HacheDous=0 (conversa | contribucións)
Liña 7:
Existen na zona algúns restos da época [[Galia romana|galo-romana]] pero a localidade data do establecemento dos viquingos no ano 910 na foz do ''Tella'', que denominaron ''Djúpr'' (a profunda) ou ''Djúpá'' (a ribeira profunda), os pescadores ocuparon esporadicamente o lugar para pescar arenque, a primeira mención do lugar data de 1030 nunha carta que menciona un pequeno porto de pesca chamado Dieppe próximo ao castelo de [[Arques-la-Bataille|Arques]]. Logo da [[Conquista normanda de Inglaterra|conquista de Inglaterra]] o pequeno porto pesqueiro desenvolveu nunha importante ligazón entre Normandía e [[Inglaterra]].
 
Ao longo da súa historia a localidade quedou completamente destruída dúas veces, a primeira en 1195 polas tropas de [[Filipe II de Francia|Filipe II]] e a segunda en agosto de 1694 por unha frota anglo-neerlandesa dirixida polo almirante Berkeley, que quería destruír as posicións dos corsarios franceses, que operaban na canle da Mancha. E así Dieppe debe a súa aparienciaaparencia barroca á súa reconstrución posterior.