Lagarteiro das torres: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Elisardojm (conversa | contribucións)
m Bot: Arranxos varios, replaced: |thumb| → |miniatura|, <br /> → <br/>
Liña 24:
== Descrición ==
Miden entre 29 e 32&nbsp;cm de lonxitude, algo menos có lagarteiro común, do que os diferencian tamén as unllas moi claras, abrancazadas. A envergadura das alas vai dos 58 ós 72&nbsp;cm. A cola ten aspecto de cuña, é máis clara por debaixo cá do lagarteiro común e acaba cunha beira branca relativamente ancha. O debuxo da parte inferior do corpo ten máis tendencia a estar formado por puntos ou aneis có da especie irmá. Os machos teñen a parte superior das alas castaña avermellada, sen manchas escuras. A cabeza dos machos e de cor gris [[lousa]]. Amosan unha banda da mesma cor que vai pola parte superior das alas ata as remeiras secundarias, que falta nos machos do lagarteiro común.
[[Ficheiro: Falco naumanni.jpg|miniatura|300px|esquerda|Femia voando<small> <br />distínguense as unllas claras. </small>]]
Os falcóns das torres xoves non amosan esta banda nas alas, e son, coma as femias, moi semellantes ó lagarteiro común, do que se diferencian polas parte inferior das plumas remeiras e primarias. Malia o parecido físico as diferenzas de distribución e de voz das dúas especies son claras. O seu peso vai dos 130 ós 200 g. As femias son pouco meirandes e pesadas cós machos.
Coma tódalas aves que crían en colonias son moi ruidosos. Os seus berros, penetrantes e que resoan, non recordan moitas veces os dunha ave de rapina.
Liña 45:
== Reprodución ==
[[Ficheiro:Falnau.jpg|miniatura|Parella apareándose.]]
[[Ficheiro:Falco naumanni MHNT.ZOO.2010.11.104.2.jpg|thumbminiatura|Ovos.]]
Forman case sempre colonias de cría. Os [[niño]]s individuais dentro das colonias están separados por menos de 2 metros. Como se mencionou as antigas grandes colonias son hoxe moi raras.
Ó xeito de tódolos falcóns non constrúen un niño, polo que dependen para reproducirse de atopar lugares axeitados, en xeral furados, máis ou menos pechados, ou repisas en árbores, acantilados e edificios. En ocasións aproveitan niños arbóreos doutras aves e mesmo niños artificiais. Non aportan ningún material ó niño, limitándose a limpar o sitio escollido e, se é posible, a escalar para formar unha pequena depresión.