Cantiga de refrán: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Breogan2008 (conversa | contribucións)
Sen resumo de edición
m Bot: Arranxos varios
Liña 6:
O refrán, segundo Ângela Correia, pódese definir en termos xerais “como um conjunto de versos com autonomia rimática que se repete integralmente no fim de cada estrofe, com um número de versos inferior ao do corpo da estrofe e cuja medida silábica é igual à dos restantes versos da cobla” (Correia, 2000: 570).{{cómpre referencia}}
 
As cantigas de refrán están elaboradas maiormente en [[Verso|versosverso]]s [[Octosílabo|octosílabosoctosílabo]]s ou decasílabos e con [[rima]] asonante. O normal é que a cantiga presente tres ou catro estrofas. Este tipo de cantiga aparece sobre todo dentro das de [[Cantiga de amigo|amigo]] e parte das de [[Cantiga de amor|amor]] (orixe popular ou autóctona).
 
O retrouso vai ligado en toda a Romania á poesía popular. Na lírica [[Lingua occitana|provenzal]] —cortesá e afastada do popularizante— é pouco común, sobre todo na [http://es.wikipedia.org/wiki/Canci%C3%B3n_(trovador) ''cansó'']. De aí que nas cantigas galego–portuguesas predomine de forma superlativa nas composicións de amigo, tanto nas paralelísticas, que deben de ter sido as primeiras en levar refrán, coma nas non paralelísticas.
Liña 17:
A ''fiinda'' consta dun número de versos menor que o resto das cobras. Podía rimar tanto con refrán como coa estrofa precedente.
 
A conclusión final é que o 62,5% dos textos están formados seguindo apenas tres regras estróficas, con variantes mínimas. A poesía medieval é o resultado dunha determinada [[sociedade]] conservadora, escasamente evolucionada neste período e que rexe os seus patróns de “ben trobar, do ben facer” no máximo respecto aos deseños estabelecidos.
 
Para explicar as motivacións da tendencia de fórmulas únicas, pódese afirmar que a concepción da arte poética como algo oral obriga necesariamente á utilización de recursos que fixen na memoria dos ouvintes aquilo que se pretende comunicar: de aí o refrán e o [[paralelismo]] como elementos que marcan o carácter da composición.