Nós (revista): Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Banjo (conversa | contribucións)
m Desfixéronse as edicións de 94.248.109.103 (conversa); cambiado á última versión feita por Ogalego.gal
Etiqueta: Reversión
m Bot: Arranxos varios
Liña 2:
{{Outros homónimos|Nós}}
[[Ficheiro:Suscríbase ás pubricaciós LAR.jpg|miniatura|Publicidade da época.]]
'''''Nós''''' foi unha [[revista]] publicada en [[lingua galega|galego]] entre [[1920]] e [[1936]] con contidos literarios, lingüísticos, artísticos, etnográficos, filosóficos e de pensamento político.<ref>{{Cita libro|título = [[Historia da Literatura Galega (Xerais)| Historia da Literatura Galega III. De 1916 a 1936]]|apelidos={{Versaleta|Pena}}|ligazónautor=Xosé Ramón Pena|nome =Xosé Ramón|editorial = [[Edicións Xerais de Galicia|Xerais]]|ano = 2016|ISBN =978-84-9121-107-5|ref =}}</ref>
 
== Traxectoria ==
Liña 15:
Dous eran os ámbitos que trataba: por unha banda o descubrimento da identidade galega, introducindo liñas de investigación novas e contribuíndo á modernización metodolóxica, que afectou fundamentalmente á arqueoloxía, á etnografía, á historia e o pensamento; por outra a presentación das ideas novas que aparecían en Europa. Para tal fin, exploráronse as culturas europeas que se consideraban máis próximas da galega, como a irlandesa ([[Irlanda]] estaba constituíndose en estado independente naquela altura) e a portuguesa (en [[Portugal]] florecía a [[lingua galega]]).
 
Con todo, houbo unha enorme presenza doutras culturas, sobre todo centroeuropeas en consonancia cos gustos de Risco e cos epicentros culturais predominantes daquela.<ref>{{Cita libro |apelidos={{Versaleta|McKevitt}} |nome=K. A. |url-capítulo=http://dialnet.unirioja.es/servlet/fichero_articulo?codigo=2944732&orden=0 |capítulo=Os nosos irmáns: intercambios literarios entre a Xeración Nós… |título=Actas do VII Congreso Internacional de Estudos Galegos |editor1=[[Helena González Fernández|González]] |editor2=[[María Xesús Lama|Lama]] |editorial=[[Ediciós do Castro]] |ano=[[2007]] |isbn=978-84-8485-266-7 |volume=2 |páxinas=597-602 |formato=[[CD-ROM]] }}</ref>
 
Entre as novidades que a revista Nós achegou á cultura galega están as tradución s de autores contemporáneos, como a tradución de anacos do ''Ulysses'' de [[James Joyce]] que fixo Otero Pedrayo, clásicos como partes de ''De quod nihil scitur'' de [[Francisco Sánchez]], medievais como ''De correctione rusticorum'' de [[Martiño de Dumio|Martiño de Braga]] ou antigos como o comezo da ''Oda marítima'' de [[Rufo Festo Avieno]].