Estado de emerxencia: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Citas á Constitución portuguesa e española
m →‎top: Bot: Arranxos varios
Liña 1:
[[Ficheiro:Hurricane Katrina 8-26-05 1415 UTC.jpg|miniatura|dereita|320px|Por mor do [[furacán Katrina]], declarouse o estado de emerxencia en rexións de [[Luisiana]], [[Alabama]] e [[Mississippi]] o [[27 de agosto]] de [[2005]].]]
Baixo a denominación de '''estado de emerxencia''' agrúpanse os réximes de excepción que pode ditar o [[goberno]] dun [[país]] en situacións de grave alteración da normalidade ou da orde interna dun estado<ref>{{GEC|0233285}}</ref>. Estas alteracións poden ser consecuencia de [[Catástrofe natural|catástrofes]], epidemias ou circunstancias políticas, civís ou bélicas que impiden a vida normal da totalidade ou parte do territorio dun país.
 
O estado de emerxencia abrangue distintas categorías, graduadas en función das circunstancias que provocan a alteración da normalidade. Aínda que a lexislación de cada estado estabelece as categorías oportunas, nun estado de emerxencia o goberno resérvase o poder para restrinxir ou suspender o exercicio dalgúns [[dereito]]s da cidadanía. Os dereitos restrinxidos poden ser os referentes á [[liberdade]] e a seguridade persoal, a inviolabilidade do domicilio e a liberdade de reunión ou de tráfico, entre outros. Durante este estado, as [[forzas armadas]] dun país poden asumir o control da orde interna<ref>{{Cita publicación periódica|url =http://busom.com/xfiles/kelsen.pdf |formato = pdf | título = De Corcuera a Kelsen: Genealogia de l'estat d'emergència|nome = Rais |apelido = Buson i Zabala|publicación = Perspectiva social |data =191|volume = 30 |páxinas = 73-83}}</ref>.
 
Polo xeral, as distintas categorías que abrangue o estado de emerxencia estabelécense na constitución de cada país. No caso portugués, por exemplo, a Constitución da República Portuguesa de 1976 determina no seu artigo 19 que os réximes excepcionais son o estado de emerxencia e o estado de sitio<ref>{{Cita web|url=https://dre.pt/constituicao-da-republica-portuguesa|páxina-web=Diário da República Electrónico|título=Constituição da República Portuguesa|data-acceso=19/03/2020|lingua=Portugués}}</ref>. En troques, a Constitución Española de 1978 sinala tres réximes excepcionais no seu artigo 116: alarma, excepción e sitio<ref>{{Cita web|url=https://www.boe.es/legislacion/documentos/ConstitucionGALLEGO.pdf|páxina-web=Boletín Oficial do Estado|título=Constitución Española de 1978|data-acceso=19/03/2020|lingua=Galego}}</ref>.
 
== Notas ==