393.002
edicións
(Ligazón interna.) |
m (Bot: Arranxos varios) |
||
Este [[cancioneiro]] é un manuscrito cartáceo formado por 355 folios (numerados por Molteni) dun tamaño de 280 por 210 mm con diversas lagoas. Son en total seis transcritores (incluído Colocci) quen traballarían no manuscrito; tradicionalmente supúñase que foran tres, mais os últimos estudos de Anna Ferrari indican que non foi así. Colocci transcribiu da súa propia man moitas rúbricas e apostilas marxinais, tamén algunhas ''razós'' esquecidas polos copistas, ademais de numerar progresivamente os textos, ou ben reproducir unha numeración precedente, presentando numerosas lagoas e duplicacións. Foi copiado en Italia por amanuenses ibéricos e italianos e compilado por Colocci a partir doutro(s) manuscrito(s) que non se conservan. Os modelos dos apógrafos italianos puideron chegar a Italia na embaixada enviada por [[Manuel I de Portugal]] ao papa [[León X, papa|León X]] (1514) en que figuraba [[Garcia de Resende]]. Alí serían copiados dende o orixinal ou os orixinais por Colocci e o seu equipo, creando os volumes que se conservan.
Trátase do [[cancioneiro]] máis abundante no número de composicións, pois contén 1567 [[
== Notas ==
* [http://purl.pt/15000 Cancioneiro da Biblioteca Nacional], no catálogo da BNP {{pt}}.
{{Control de autoridades}}
[[Categoría:Literatura galega medieval]]
[[Categoría:Historia de Portugal]]
|