Europa: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
→‎Xeografía: texto traducido desde a wiki .es:Europa#Geografía
→‎Xeografía: texto traducido desde a wiki .es:Europa#Geografía
Liña 84:
[[Ficheiro:Europa.svg|miniatura|Mapa físico-político]]
{{Artigo principal|Xeografía de Europa}}
Europa é o segundo continente máis pequeno da Terra tras [[Oceanía]], ten unha extensión de 10 530 751 [[Quilómetro cadrado|km²]], representando o 7 % das terras emerxidas.
 
Falando estritamente en termos de ciencia [[xeografía|xeográfica]] contemporánea, Europa, como Oceanía, deixan de estar categorizadas como continentes e son consideradas [[Macro-unidade xeográfica|macro-unidades xeográficas]] (MUX), como pode ser [[América do Norte]] e [[América do Sur]]; xa que en efecto, no caso de Europa esta macrounidade xeográfica é unha prolongación occidental do continente eurasiático. Caracteriza a Europa, tanto no xeográfico (con moita incidencia no climático como na súa [[xeografía humana]]), a elevada cantidade media de costas marítimas e oceánicas debida á presenza de abundantes penínsulas, golfos, mares interiores e illas. Isto e o influxo da [[corrente do Golfo]] e a proximidade dos desertos cálidos de África e Asia determinan que en Europa prepondere, a pesar das latitudes, un [[clima temperado]] excepcionalmente benigno para a habitabilidade humana. Por outra banda a abundancia de costas e hidrovías permitiu e permite o tránsito de poboacións e logo o seu establecemento desde fins do [[pleistoceno]] (cando os ''[[ser humano|Homo sapiens]]'' substituirón aos [[Home de Neandertal|''Homo neandertalensis'']]).
Liña 92:
Tamén é Europa, se a consideramos de modo tradicional como un continente, o continente máis chairo, cunha altura media de 230 metros. A máxima expresión destas [[Chaira|planicies]] é a [[Gran chaira europea|gran chaira do norte]], que se estende 2000 km desde as costas atlánticas francesas ata os montes Urais, a fronteira física máis oriental con Asia. Os puntos máis altos son o [[monte Elbrus]] (Rusia) na Europa oriental (5642 m), o [[Shkhara]] (Xeorxia) (5204 m) e o [[Mont Blanc]] (Italia-Francia) na Europa occidental (4807 m).
 
Ao sur, Europa está separada do [[África|continente africano]] polo [[mar Mediterráneo]], fronteira que se reduce a uns poucos quilómetros no [[estreito de Xibraltar]], ao sueste os límites con Asia tamén están dados polo Mediterráneo e os seus mares subsidiarios, o [[mar de Mármara]] e o [[mar Negro]]. Aínda que se observa, o mar Mediterráneo e a súa conca máis que un límite (segundo os momentos históricos) é un nexo de unión cos outros "continentes" (as macrounidades xeográficas de Asia e África), resultando os verdadeiros límites culturais e étnicos as extensas rexións desérticas que se sitúan alén do Mediterráneo. Considerando a [[Islandia]] como parte de Europa e a [[ Groenlandia]] como parte de América, pódese observar que as distancias entre Europa e o continente americano son tamén bastante exiguas.
 
Entre os golfos de Europa destacan o [[golfo de Biscaia]] (Francia e España), o de [[golfo de Cádiz|Cádiz]] (España e Portugal), o de [[ Dardanelos]] e o do [[ Bósforo]] (Turquía), o de [[Estreito de Messina|Messina]] (Italia) e o de [[Öresund|Oresund]] (Dinamarca e Suecia), entre outros.
 
As súas principais penínsulas son a [[Península Escandinava|Escandinava]] (Suecia, Noruega), [[península Ibérica|ibérica]] (España, Portugal, Andorra e Xibraltar), [[Península Itálica|itálica]] (Italia, San Mariño e Cidade do Vaticano), [[Balcáns|balcánica]] (Grecia, Albania, Bulgaria, Macedonia do Norte, Serbia, Croacia, Montenegro, Bosnia-Herzegovina, Eslovenia e Rumania); ademais das penínsulas de [[Península de Kola| Kola]] (Rusia), [[Xutlandia]] (Dinamarca), [[Bretaña]] (Francia) e [[Crimea]] (Rusia).
 
As súas principais illas son Gran Bretaña, Islandia e Irlanda.
=== Flora ===
As zonas de '''vexetación''' de Europa espállanse polo continente (dun xeito aproximado), en faixas paralelas que van dende o [[océano Atlántico]] ata os [[Montes Urais]]. É un cinto de árbores de folla caduca e [[conífera]]s: [[carballo]]s, [[pradairo]]s, [[olmo]]s mesturados con [[piñeiro]]s e [[abeto]]s.