Europa: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Recuperando 3 fontes e etiquetando 0 como mortas.) #IABot (v2.0
→‎Xeografía: texto traducido desde a wiki .es:Europa#Geografía
Liña 82:
 
== Xeografía ==
[[Ficheiro:Europa.svg|miniatura|dereita|Mapa físico-político|300px]]
{{Artigo principal|Xeografía de Europa}}
Europa é o segundo continente máis pequeno da Terra tras [[Oceanía]], ten unha extensión de 10 530 751 [[km²]], representando o 7 % das terras emerxidas.
 
Falando estritamente en termos de ciencia [[xeografía|xeográfica]] contemporánea, Europa, como Oceanía, deixan de estar categorizadas como continentes e son consideradas [[Macro-unidade xeográfica|macro-unidades xeográficas]] (MUX), como pode ser [[América do Norte]] e [[América do Sur]]; xa que en efecto, no caso de Europa esta macrounidade xeográfica é unha prolongación occidental do continente eurasiático. Caracteriza a Europa, tanto no xeográfico (con moita incidencia no climático como na súa [[xeografía humana]]), a elevada cantidade media de costas marítimas e oceánicas debida á presenza de abundantes penínsulas, golfos, mares interiores e illas. Isto e o influxo da [[corrente do Golfo]] e a proximidade dos desertos cálidos de África e Asia determinan que en Europa prepondere, a pesar das latitudes, un [[clima temperado]] excepcionalmente benigno para a habitabilidade humana. Por outra banda a abundancia de costas e hidrovías permitiu e permite o tránsito de poboacións e logo o seu establecemento desde fins do [[pleistoceno]] (cando os ''[[ser humano|Homo sapiens]]'' substituirón aos [[Home de Neandertal|''Homo neandertalensis'']]).
 
[[Ficheiro:Europe biogeography countries.svg|miniatura|esquerda|Rexións bioxeográficas de Europa.]]
 
Tamén é Europa, se a consideramos de modo tradicional como un continente, o continente máis chairo, cunha altura media de 230 metros. A máxima expresión destas [[Chaira|planicies]] é a [[Gran chaira europea|gran chaira do norte]], que se estende 2000 km desde as costas atlánticas francesas ata os montes Urais, a fronteira física máis oriental con Asia. Os puntos máis altos son o [[monte Elbrus]] (Rusia) na Europa oriental (5642 m), o [[Shkhara]] (Xeorxia) (5204 m) e o [[Mont Blanc]] (Italia-Francia) na Europa occidental (4807 m).
 
=== Flora ===