Wenceslao Fernández Flórez: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
+ info e referencias
Liña 4:
 
== Traxectoria ==
Wenceslao Antonio Félix Saturnino Fernández Flórez foi o fillo maior do profesor ferrolán Antono Félix Fernández e de Florentina Flores. Os pais casaron dous anos despois de el nacer, e terían dous fillos e tres fillas máis<ref>Fernández Santander, 15.</ref>. No instituto foi compañeiro de clase de [[Roberto Novoa Santos]], se ben tivo que abandonar os estudos aos quince anos tras a morte do seu pai. Comezou a traballar como xornalista no xornal coruñés ''[[La Mañana (A Coruña)|La Mañana]]'' e posteriormente colaborou en ''[[El Heraldo de Galicia]]'', ''[[Diario de La Coruña (1902)|Diario de La Coruña]]'' e ''[[Tierra Gallega (A Coruña)|Tierra Gallega]]''. Con 18 anos dirixiu ''[[Diario Ferrolano]]'' (se ben non aparecía como tal, ao ser menor de idade), e en 1907 pasou a traballar en ''[[El Noroeste (1896)|El Noroeste]]'' da [[A Coruña|Coruña]], que chegou a dirixir posteriormente. Dirixiu tamén desde a súa fundación 1906 o semanario [[Agrarismo|agrarista]] de [[Betanzos]] ''[[La Defensa (Betanzos)|La Defensa]]''<ref>Fernández Santander, 21.</ref>.
 
A comezos de [[1914]] foi a [[Madrid]], traballando como correspondente de ''El Noroeste'' e como empregado na Dirección General de Aduanas, se ben abandonou ese cargo para traballar en ''[[El Imparcial (España, 1867)|El Imparcial]]'' e pouco despois en ''[[ABC (xornal)|ABC]]'', onde empezou a sección "Acotaciones de un oyente", unha serie de crónicas parlamentarias que o fixeron moi famoso, e que logo reunirá en ''Crónicas parlamentarias ([[1914]]-[[1936]])''. Tamén escribiu en ''[[El Liberal]]'' e ''[[Tribuna (Madrid)|Tribuna]]''.
 
Mantivo estreita amizade con dirixentes do nacionalismo galego, como [[Castelao]], que foi un dos que máis frecuentemente ilustraron as súas obras. Logrou o premio do [[Círculo de Belas Artes de Madrid|Círculo de Belas Artes]] coa súa novela ''Volvoreta'' ([[1917]]), que narra os amores prohibidos entre unha serventa e o seu mozo señor no marco da Galiza rural. En [[1926]] recibiu o [[Premio Nacional de Narrativa]].
[[Ficheiro:Xornalistas, escritores e artistas en Ferrol 1909.jpg|miniatura|300px|[[Eduardo Sánchez Miño]], Vicente Díaz González, Wenceslao Fernández Flórez, Joaquín Arias de Miranda e José Fitor Cabot (1909).]]