Europa: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
m →‎Xeografía: arranxiño
Recuperando 3 fontes e etiquetando 0 como mortas.) #IABot (v2.0
Liña 36:
As [[fronteira]]s de Europa e a súa poboación son obxecto de controversia, xa que o termo continente pode referirse a un ben cultural e político ou a distincións [[Xeografía física|fisiográficas]]. [[Andreas M. Kaplan|Andreas Kaplan]] describe a Europa como «unha máxima diversidade cultural nunha superficie xeográfica mínima».<ref> Kaplan, Andreas M. (2014) «European management and European business schools: Insights from the history of business schools.» ''European Management Journal'', 32(4), 529-534.</ref>
 
A definición máis estendida é aquela que a sitúa na metade occidental do [[hemisferio norte]], limitada polo [[océano Ártico]] no norte ata o [[mar Mediterráneo]] polo sur. Polo oeste, chega ata o [[océano Atlántico]]<!-- incluíndo os arquipélagos volcánicos de: [[Azores]], [[Madeira]], [[Illas Salvaxes]] e [[Canarias]]-->. Polo leste, limita con [[Asia]], da que a separan os [[montes Urais]], o [[río Ural]], o [[mar Caspio]], a [[cordilleira]] do [[Cáucaso]], o [[mar Negro]] e os [[estreito]]s do [[Bósforo]] e de [[Dardanelos]].<ref name="Encarta">{{Cita web |autor=Microsoft® Encarta® Online Encyclopea 2007 |título="Europe" |url=http://encarta.msn.com/encyclopedia_761570768/Europe.html |dataacceso=27 de decembro de 2007 |urlarquivo=https://web.archive.org/web/20071214005710/http://encarta.msn.com/encyclopedia_761570768/Europe.html |dataarquivo=14 de decembro de 2007 |urlmorta=si }}</ref>
 
Europa é o segundo continente máis pequeno en termos de superficie. Abarca 10&nbsp;530&nbsp;751 quilómetros cadrados ou o 2&nbsp;% da superficie do mundo e ao redor de 6,8&nbsp;% do total das terras emerxidas. Alberga un gran número de estados soberanos, cuxo número exacto depende da definición da fronteira de Europa, así como da exclusión ou inclusión de estados parcialmente recoñecidos. De todos os países europeos, [[Rusia]] é o maior en superficie (ao mesmo tempo que é o estado soberano recoñecido internacionalmente máis extenso do mundo), mentres que a [[Cidade do Vaticano]] é o máis pequeno (ao mesmo tempo que é o estado soberano e internacionalmente recoñecido máis pequeno do mundo). Europa é o cuarto continente máis poboado despois de [[Asia]], [[África]] e [[América]], cunha poboación de 740&nbsp;813&nbsp;959 (ano 2015) ou ao redor do 10.03&nbsp;% da poboación mundial.<ref> {{ Cita web | url = https://web.archive.org/web/20190413020909/https://population.un.org/wpp/DVD/Files/1_Indicators%20(Standard)/EXCEL_FILES/1_Population/WPP2017_POP_F01_1_TOTAL_POPULATION_BOTH_SEXES.xlsx | título = World Population Prospects: The 2017 Revision | dataacceso = 19 de marzo do 2020 | data = 1 de xuño de 2017 | páxina-web = [[Organización das Nacións Unidas|Organización das Nacións Unidas (ONU)]] | idioma = en | cita = File POP/1-1: Total population (both sexes combined) by region, subregion and country, annually for 1950-2100 (thousands) | formato = xlsx | urlarquivo = https://web.archive.org/web/20190413020909/https://population.un.org/wpp/DVD/Files/1_Indicators%20(Standard)/EXCEL_FILES/1_Population/WPP2017_POP_F01_1_TOTAL_POPULATION_BOTH_SEXES.xlsx | dataarquivo = 13 de abril de 2019 }} </ref>