Real Expedición Filantrópica da Vacina: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
m elimino a Categoría:Medicina; engado a Categoría:Varíola mediante HotCat
→‎Véxase tamén: engado bibliografía e referencias
Liña 1:
[[Ficheiro:Francisco Javier Balmis.JPG|miniatura|225px|Busto de [[Francisco Xavier Balmis]] na Facultade de Medicina da [[Universitat d'Alacant]].]]
 
A '''Real Expedición Filantrópica da Vacina''', coñecida como '''Expedición Balmis-Salvany''' ou '''Expedición Balmis''' en referencia ao médico [[alacant]]ino [[Francisco Xavier Balmis]], foi unha expedición de carácter filantrópico que deu a volta ao mundo e que durou desde o [[30 de novembro]] de [[1803]] até [[1806]]. O seu obxectivo era nun principio que a [[vacina]] da [[varíola]] chegase a cada recuncho do daquela [[Imperio Español]] ([[América]], [[Filipinas]] e outras illas do [[Pacífico]]), xa que a alta mortaldade do virus estaba ocasionando a morte de miles de [[neno]]s.
 
O rei [[Carlos IV de España|Carlos IV]] apoiou e sufragou con fondos públicos ao médico da corte, o doutor Balmis, na súa idea dunha vacinación masiva de nenos ao longo de todo o imperio, xa que a súa propia filla a [[Infanta]] [[María Luísa]] sufrira tamén a enfermidade. Até entón, a varíola mataba, desfiguraba ou incapacitaba unha parte moi importante da poboación. O nome de Balmis quedou para sempre unido a esta expedición.
Liña 31:
 
=== Os protagonistas ===
A operación comezou coa fretaxe da [[corveta]] ''[[María Pita]]'', que levaba 22 nenos orfos (de entre 3 e 9 anos, e que aínda non padeceran a enfermidade) que serían inoculados durante a viaxe co obxectivo de manter a vacina viva no seu corpo; o propio Balmis, que ía ao mando; un prestixioso cirurxián, José Salvany, o seu segundo; dous axudantes, dous practicantes, tres enfermeiros e a reitora do [[orfanato]], ''Casa de Expósitos'' da [[A Coruña|Coruña]], dona [[Isabel Zendal|Isabel Zendal Gómez]]<ref>De Romo, Ana Cecilia Rodríguez (1997). [http://www.ucm.es/info/antilia/revista/vol3-en/arten3-1.htm «Inoculation in the 1799 smallpox epidemic in México: Myth or real solution?»]. ''Antilia: Spanish Journal of History of Natural Sciences and Technology''.</ref>
 
Pódese entender globalmente como "unha caravana infantil con rumbo ao Novo Mundo para transportar a vacina e prever as epidemias de varíolas. Dando como resultado unha das viaxes máis estrañas que tivo como protagonista á medicina e á ciencia no século XIX».<ref>Con estas palabras comeza o libro de Díaz de Yraola, Gonzalo: ''La vuelta al mundo de la expedición de la vacuna (A volta ao mundo da expedición da vacina)''. Sevilla. Escuela de Estudios Hispanoamericanos, C.S.I.C. 1948, p. 1.</ref>
Liña 44:
=== Lista dos membros da expedición ===
* [[Francisco Xavier Balmis|Francisco Xavier Balmis y Berenguer]] (director)
* [[JoséJosep Salvany i Lleopart]] (subdirector)
* [[Manuel Julián Grajales]] e [[Antonio Gutiérrez Robredo]] (axudantes)
* [[Francisco Pastor y Balmis]] e [[Rafael Lozano Pérez]] (practicantes)
* [[Basilio Bolaños]], [[Antonio Pastor]] e [[Pedro Ortega]] (enfermeiros)
* [[Isabel Zendal|Isabel Zendal Gómez]] (Reitora da Casa de Expósitos da Coruña)
 
Nenos da Casa de Expósitos: Vicente Ferrer (7 anos), Pascual Aniceto (3 anos), Martín (3 anos), Juan Francisco (9 anos), Tomás Melitón (3 anos), Juan Antonio (5 anos), José Jorge Nicolás de los Dolores (3 anos), Antonio Veredia (7 anos), Francisco Antonio (9 anos), Clemente (6 anos), Manuel María (3 anos), José Manuel María (6 anos), Domingo Naya (6 anos), Andrés Naya (8 anos), José (3 anos), Vicente María Sale y Bellido (3 anos), Cándido (7 anos), Francisco Florencio (5 anos), Gerónimo María (7 anos), Jacinto (6 anos) e Benito Vélez (fillo porfillado de Isabel Zendal Gómez, 6 anos) e un neno con nome descoñecido que morreu na expedición<ref>[http://www.aeped.es/sites/default/files/documentos/5.pdf (pax. 131-132)].</ref>.
Liña 74:
 
=== Canarias e Venezuela ===
Como quedou dito, a expedición partiu do porto da Coruña o [[30 de novembro]] de [[1803]].<ref>Moreiro (2008), 157</ref> A misión conseguiu levar a [[vacina]] até as [[illas Canarias]], [[Colombia]], [[Ecuador]], [[Perú]], [[México]], as [[Filipinas]] e [[China]]<ref>McIntyre, John W.R. MB BS; e Houston, C. Stuart MD (1999). [http://www.cmaj.ca/cgi/content/full/161/12/1543 «Medicine in Canada: Smallpox and its control in Canada»]. ''Canadian Medical Association Journal'' '''161''' (12), 1543–1547. PMID 10624414.</ref>.
 
O barco levaba instrumental cirúrxico e instrumentos científicos, así como 500 exemplares da tradución que Balmis fixera do ''Tratado práctico e histórico da vacina'', de [[Moreau de Sarthe]], para ser distribuído polas comisións de vacinación que se fundaran.
 
[[Ficheiro:Balmis-placa de homenaxe dos medicos mexicanos.jpg|miniatura|Placa situada no edificio dos [[Práctico]]s do [[Porto da Coruña]] na que os médicos [[México|mexicanos]] da xeración 1919-1924 homenaxean a [[Francisco Xavier Balmis|Francisco Javier de Balmis]] e á Real Expedición Filantrópica da Vacina.]]
Balmis e os seus rapaces fixeron escalas nas Illas Canarias, en [[Porto Rico]] (onde chegaron o 9 de febreiro<ref>Moreiro (2008), p. 159</ref> e foi unha gran decepción pois non precisoufoi preciso vacinar á poboación, xa que a vacina fora levada á illa desde a colonia [[Dinamarca|danesa]] de [[San Tomé, Illas Virxes|San Tomé]], e o doutor Francisco Oller xa vacinara a 1.557 persoas<ref>Cordero-Moreno (1998), p. 50</ref>), percorreron toda a illa de [[Cuba]] e chegaron á [[A Guaira|Guaira]], no norte da actual [[Venezuela]], preto de [[Caracas]]. Alí a expedición dividiuse, por mor das graves epidemias que asolaban América do Sur: Balmis dirixiríase cara a [[Cuba]] e [[Vicerreinado de Nova España|Nova España]] e Josep Salvany o seu segundo cirurxián, iría a [[Cartaxena de Indias]], [[Bogotá]] e [[América do Sur|América do sur]].<ref>Moreiro (2008), pp. 164-165</ref>
 
JoséAsí, Salvany, o segundo cirurxián, penetrou no [[Vicerreinado de Nova Granada]] (actuais [[Panamá]], [[Colombia]], [[Ecuador]] e [[Venezuela]]), e no [[Vicerreinado do Perú]] (que comprendía o [[Perú]], o [[Alto Perú]] —a actual [[Bolivia]]— e a [[Capitanía Xeneral de Chile]]). Levoulle sete anos percorrer o territorio e os esforzos da viaxe leváronse a vida do propio Salvany, que morreu en [[Cochabamba]] en [[1810]] cando intentaba levar a vacina até [[Buenos Aires]] (capital do [[Vicerreinado da Prata]]).
 
=== Nova España ===
Levoulle sete anos percorrer o territorio e os esforzos da viaxe leváronse a vida do propio Salvany, que morreu en [[Cochabamba]] en [[1810]] cando intentaba levar a vacina até [[Buenos Aires]] (capital do [[Vicerreinado da Prata]]).
Balmis, pola súa banda, volveu a Caracas, e despois á Habana, onde chegou o [[27 de maio]] de [[1804]].<ref>Moreiro (2008), p. 166</ref> O poeta local venezolano [[Andrés Bello]] escribiu unha ''Oda a Balmis''. Zarpou da Habana con destino a Nova España o 18 de xuño, mercando antes 4 escravos (tres nenas e un neno) por 250 pesos, que despois volveu vender en México.<ref>Moreiro (2008), p. 166</ref>
 
Balmis, pola súa banda, volveu a Caracas, e despois á Habana. O poeta local venezolano [[Andrés Bello]] escribiu unha ''Oda a Balmis''.
 
=== Nova España ===
No territorio do actual México, Balmis colleu 25 orfos para que mantivesen a vacina viva durante a travesía do [[Océano Pacífico]], a bordo do navío ''Magallanes''. Partiron do porto de [[Acapulco]] rumbo a [[Manila]] o [[8 de febreiro]] de [[1805]].
 
=== Capitanía Xeneral de Filipinas ===
Chegou ao porto de Manila o 15 de abril de 1805.<ref>Moreiro (2008), p. 171</ref> Nas Filipinas, a expedición recibiu unha importante axuda da [[Igrexa católica|Igrexa]] para organizar as vacinacións de indíxenas. Finalmente, Balmis descartou volver a terras mexicanas co groso da expedición e seguiu avanzando cara á [[República Popular da China|China]].
 
[[Ficheiro:Real Expedición Filantrópica de la Vacuna 02.svg|miniatura|centro|500px|Percorrido da expedición nas Filipinas.]]
 
=== China ===
Coñecendo que a vacina non acadara a China, Balmis solicitou e foille concedido o permiso para marchar cara a [[MacaoMacau]], partindo de Manila o [[3 de setembro]] de [[1805]].
 
Balmis arribou finalmente tras unha accidentada viaxe á colonia [[Portugal|portuguesa]] de [[Macau]], e o [[5 de outubro]] dese mesmo ano entrou en territorio [[República Popular da China|chinés]] vacinando até chegar á provincia de [[Cantón, China|Cantón]].<ref>Balaguer Perigüell, Emilio y Ballester Añon, Rosa. [http://www.aeped.es/balmis/libro/5.pdf «En el nombre de los Niños. Real Expedición Filantrópica de la Vacuna 1803–1806», pp. 165–170.] {{Webarchive|url=https://web.archive.org/web/20061019095452/http://www.aeped.es/balmis/libro/5.pdf |date=19 de outubro de 2006 }}</ref>
 
=== Regreso á metrópole ===
No seu camiño de volta a España, Balmis conseguiu convencer as autoridades británicas da illa de [[Santa Helena]], no [[Océano Atlántico|Atlántico]] sur [[1806]] para que collesen a vacina. Finalmente, desembarcou do barco ''Bom Jesus de Além'' en [[Lisboa]], o [[14 de agosto]] de [[1806]].
 
Aínda tivo tempo o doutor, antes da súa morte en [[Madrid]] o [[12 de febreiro]] de [[1819]], de facer outra expedición científica á China.
Liña 115 ⟶ 113:
*Javier Moro, A flor de piel. (2015) ISBN 9788432224942 Seix Barral, 496 páxinas.
*A expedición é o tema central da novela ''[[Los héroes olvidados]]'' (2011), ISBN 9788499182162 de [[Antonio Villanueva Edo]]
*A expedición foi recreada tamén pola escritora madrileña [[Almudena de Arteaga]] na súa novela "Ángeles custodios" (2010). O filme de [[Televisión Española|TVE]] "[[22 Ángeles]]", de [[Miguel Bardem]] (2016), está baseado nesta novela. O filme está protagonizado por [[María Castro]] como Isabel Zendal, [[Pedro Casablanc]] como o Dr. Balmis e [[Octavi Pujades]] como Dr. Salvany.
 
== Notas ==
Liña 121 ⟶ 119:
 
== Véxase tamén ==
 
=== Bibliografía ===
 
* {{Cita libro|título=Compendio de la historia de la medicina en Venezuela (|apelidos=Cordero-Moreno|nome=Rafael|editorial=Universidad Católica Andrés Bello|ano=1998|ISBN=980-244-163-5|ref=|lugar=Caracas|lingua=es}}
* {{Cita libro|título=Españoles excesivos|apelidos=Moreiro|nome=Julián|editorial=EDAF|ano=2008|ISBN=978-84-414-2047-2|ref=|lugar=Madrid|lingua=es}}
 
=== Ligazóns externas ===
* [http://www.aeped.es/sites/default/files/documentos/en_el_nombre_de_los_ninos-completo.pdf Libro electrónico sobre a Expedición Balmis], da Asociación Española de Pediatría {{Es}}