Europa: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
texto traducido desde a wiki .es:Europa
texto traducido desde a wiki .es:Europa
Liña 40:
Europa é o segundo continente máis pequeno en termos de superficie. Abarca 10&nbsp;530&nbsp;751 quilómetros cadrados ou o 2&nbsp;% da superficie do mundo e ao redor de 6,8&nbsp;% do total das terras emerxidas. Alberga un gran número de estados soberanos, cuxo número exacto depende da definición da fronteira de Europa, así como da exclusión ou inclusión de estados parcialmente recoñecidos. De todos os países europeos, [[Rusia]] é o maior en superficie (ao mesmo tempo que é o estado soberano recoñecido internacionalmente máis extenso do mundo), mentres que a [[Cidade do Vaticano]] é o máis pequeno (ao mesmo tempo que é o estado soberano e internacionalmente recoñecido máis pequeno do mundo). Europa é o cuarto continente máis poboado despois de [[Asia]], [[África]] e [[América]], cunha poboación de 740&nbsp;813&nbsp;959 (ano 2015) ou ao redor do 10.03&nbsp;% da poboación mundial.<ref> {{ Cita web | url = https://web.archive.org/web/20190413020909/https://population.un.org/wpp/DVD/Files/1_Indicators%20(Standard)/EXCEL_FILES/1_Population/WPP2017_POP_F01_1_TOTAL_POPULATION_BOTH_SEXES.xlsx | título = World Population Prospects: The 2017 Revision | dataacceso = 19 de marzo do 2020 | data = 1 de xuño de 2017 | páxina-web = [[Organización das Nacións Unidas|Organización das Nacións Unidas (ONU)]] | idioma = en | cita = File POP/1-1: Total population (both sexes combined) by region, subregion and country, annually for 1950-2100 (thousands) | formato = xlsx | urlarquivo = https://web.archive.org/web/20190413020909/https://population.un.org/wpp/DVD/Files/1_Indicators%20(Standard)/EXCEL_FILES/1_Population/WPP2017_POP_F01_1_TOTAL_POPULATION_BOTH_SEXES.xlsx | dataarquivo = 13 de abril de 2019 }} </ref>
 
Europa, en particular a [[Grecia antiga|Antiga Grecia]], é o berce da [[Occidente|cultura occidental]]. A caída do [[Imperio Romano de Occidente]], durante o período da migración, marcou o fin da [[Idade Antiga]] e o comezo dunha era coñecida como a [[Idade Media]].
En Europa naceu a cultura occidental, os países europeos xogaron un papel predominante desde o século XVI, especialmente despois do comezo da colonización doutros continentes polos europeos. Entre os séculos XVII e XIX os europeos controlaban a maior parte de [[África]], [[América]], [[Oceanía]] e unha parte substancial de [[Asia]]. A [[primeira guerra mundial]] e a [[segunda guerra mundial]] levaron a un devalo do dominio europeo nos asuntos mundiais e os [[Estados Unidos de América|Estados Unidos]] e a [[Unión Soviética]] ocuparon esa preminencia. A Guerra Fría entre esas dúas superpotencias dividiu Europa ata o colapso da URSS.
 
O [[Renacemento]] cos seus consecuentes [[Humanismo renacentista|humanismo]], [[Arte do Renacemento|arte]] e [[Historia da ciencia no Renacemento|ciencia]], ademais da [[Era dos descubrimentos|exploración]] levaron ao "vello continente", e finalmente ao resto do mundo, á [[Idade Moderna]]. A partir deste período as nacións europeas desempeñan un papel preponderante nos asuntos mundiais, desde o século XVI en diante especialmente, despois do comezo da [[Colonialismo|colonización]]. Nos séculos XVII e XVIII, as nacións europeas controlaron a maior parte de [[África]], [[América]], e gran parte de [[Asia]], e posteriormente tamén [[Oceanía]].
 
A [[Revolución Industrial]], que comezou no [[Reino Unido]] no século XVIII, deu lugar a un cambio radical nos ámbitos económico, cultural e social en Europa Occidental, e posteriormente no resto do mundo.
 
A [[primeira guerra mundial]] e a [[segunda guerra mundial]] conduciron a unha diminución no dominio de Europa nos asuntos mundiais cando os [[Estados Unidos de América|Estados Unidos]] e a [[Unión Soviética]] tomaron a preeminencia.
 
A [[Guerra fría]] entre as dúas superpotencias dividiu Europa ao longo do [[Pano de aceiro]]. A [[Ampliación da Unión Europea|integración europea]] deu lugar á formación do [[Consello de Europa]] e a [[Unión Europea]] na Europa occidental, as cales se expandiron cara ao leste desde a [[Historia da Unión Soviética (1985-1991)|caída da Unión Soviética]] en 1991.
 
Actualmente, nacións que exercen [[Hexemonía|poder hexemónico mundial]] como Estados Unidos son o resultado da [[Colonización europea de América|colonización europea]].
 
== Definición ==