Francisco Espoz y Mina: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
m (GR) File renamed: File:Pamplona-galeria.jpgFile:Pamplona, 1846.jpg Criterion 2 (meaningless or ambiguous name) · Added year
HacheDous=0 (conversa | contribucións)
*bulo: rumor, trola, mentira, embuste...
Liña 34:
 
== A Restauración fernandina: o conspirador ==
En 1814, Mina atravesou a fronteira e dispúxose a tomar [[Saint-Jean-Pied-de-Port]]. Cando se asinou a paz, este antigo guerrilleiro podía aspirar a todo. [[Fernando VII de España|Fernando VII]], recuperado o seu trono, desexaba coñecelo. Porén no mes que pasou en [[Madrid]], Mina decatouse que había dúas fortunas: a do combate e a das carreiras, e el era demasiado franco e sinxelo como para obter algunha vez os favores da segunda. Falou con Fernando de institucións e de liberdades públicas; os cortesáns alarmáronse por esa linguaxe, e fixeron correr o bulorumor, en Navarra, de que a súa división ía deixar de ser considerada como tropa regular, o que provocou desercións en masa. Mina foi enviado para o seu país, para servir contra os tránsfugas. Abondou coa súa palabra para calmar as augas e cun simple bando reacolleu so as bandeiras a 2.500 desertores.
 
Indignado polo xugo que o perxuro Fernando facía pesar sobre [[España]], e seguro da lealdade dos seus compañeiros de armas, Mina concibiu o arriscado proxecto de apoderarse de [[Pamplona]], a fin de facer restabelecer a [[constitución de Cádiz]]. O intento tivo lugar na noite do 25 ao 26 de setembro, mais fracasou, e o 4 de outubro, conminado como proscrito, refuxiouse en Francia, onde foi recibido con distinción polos oficiais que o combateran.