Diferenzas entre revisións de «Betaína»

sen resumo de edición
m (Arranxos varios, replaced: {{Cite book → {{Cita libro, {{cite journal → {{Cita publicación periódica (2))
En [[química]], unha '''betaína''' é calquera composto químico neutro cun [[grupo funcional]] [[catión]]ico cargado positivamente como un [[catión de amonio cuaternario|amonio cuaternario]] ou catión [[fosfonio]] (xeralmente: ións [[composto onio|onio]]) que non leva ningún átomo de hidróxeno e cun grupo funcional cargado negativamente como o grupo [[carboxilato]], que non pode estar adxacente ao sitio catiónico. Unha betaína pode ser un tipo específico de [[zwitterión]]. Historicamente o termo estaba reservado só para a TMG ([[trimetilglicina]]). Bioloxicamente, a betaína está implicada nas reaccións de [[metilación]] e detoxificación da [[homocisteína]].
 
O nome do composto deriva da planta da que primeiro se illou, ''[[Beta vulgaris]]'' subsp. ''vulgaris'', a remolacha ou [[beterraba azucreira]].<ref>{{Cita libro | title = Organic Chemistry, the Name Game: Modern Coined Terms and Their Origins | author = Alex Nickon and Ernest F. Silversmith | publisher = Pergamon | year = 1987 | isbn = 978-0080344812 }}</ref>
 
En sistemas biolóxicos, moitas das betaínas naturais serven como [[osmólito]]s orgánicos, as substancias sintetizadas ou captadas do medio polas células para protexerse do estrés [[osmose|osmótico]], seca, alta salinidade ou alta temperatura. A acumulación intracelular das betaínas, que non perturba a función encimática, estrutura das proteínas e integridade da membrana, e permite a retención de auga nas células, protexendo así dos efectos da deshidratación. É tamén un doante de [[metilo]] de importancia cada vez máis recoñecida en bioloxía.
21.448

edicións