Academia Literaria de Santiago: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Xas (conversa | contribucións)
m Desfíxose a edición 5405301 de Carlos Adrán Goás (conversa)
Etiqueta: Desfacer
Liña 1:
{{sen referencias|data=xaneiro de 2019}}
A '''Academia Literaria de Santiago''' foi unha institución cultural decimonómica da cidade de [[Santiago de Compostela]], plataforma de debates dos mozos [[Provincialismo galego|provincialistas]] da xeración universitaria de 1846.
Historia
 
== Historia ==
Fundada en 1840, en plena etapa de liberdades conseguidas pola vitoria do [[Partido Progresista]] coa rexencia de [[Baldomero Espartero]]; varios mozos universitarios conseguen do Capitán Xeneral de Galicia, [[Fermín Iriarte]], a cesión do refectorio do [[mosteiro de San Martiño Pinario]] para celebrar as súas sesións, o que será motivo de agradecemento por parte de [[Domingo Díaz de Robles]], que lle adicara un extenso poema.<ref>[[Antonio Neira de Mosquera]]. "Monografías de Santiago" Santiago, 1850, reproducidos en ''Monografías de Santiago y dispersos'', por [[Benito Varela Jácome]], Santiago 1960, pp. 177-194.</ref>
 
A través dela pretendía vincularse coa academia literaria do XVIII, a academia foi creada a imitación do Liceo Artístico y Literario de Madrid. O promotor da Academia foi o militar ferrolán [[Domingo Díaz de Robles]], fundador do xornal ''[[El Idólatra de Galicia]]'', sendo o seu primeiro presidente o presbítero [[Pedro Losada Rodríguez]] (que foi censor da mesma anos despois). Na Academia discutíanse toda clase de temas: relixión, filosofía, historia, e sobre todo temas sociais; sendo desta maneira un dos centros mais efectivos de politización universitaria.<ref>[[Xosé Ramón Barreiro]]. "El levantamiento de 1846 y el nacimiento del galleguismo". Santiago de Compostela, 1977. Editorial Pico Sacro.</ref>