Diferenzas entre revisións de «Irmandiños»

→‎Gran Guerra Irmandiña: "tropelía" non é unha palabra galega
(→‎Gran Guerra Irmandiña: "tropelía" non é unha palabra galega)
A Gran Guerra Irmandiña tivo lugar nos anos [[1466]]-[[1469]]. Chegara o momento en que ''"os gorrións habían de correr tralos falcóns"''. Os preparativos para a formación dunha Irmandade Xeral comezaron anos antes por parte de [[Afonso de Lanzós]] e co apoio de varios concellos ([[A Coruña]], [[Betanzos]], [[Ferrol]], [[Lugo]]) que actuaron de motores iniciais do movemento. Neste caso, a revolta irmandiña foi unha auténtica [[guerra civil]] pola variada e numerosa participación social que chegou a provocar.
 
A causa da revolta popular foron as malas colleitas e as fames derivadas destas, a peste e tamén abusos cometidos polos cabaleiros e prelados. Sobre estes últimos, no preito Tabera-Fonseca hai múltiples testemuños nos que se denuncia asos tropelíasabusos realizadasrealizados:
 
{{cita|Os señores prelados e cabaleiros do dito reino [...] facíanlles moitos agravios e danos e males nas súas persoas e nos seus bens, roubándolles os seus bois e bestas e forzábanlles as súas mulleres e fillas e moitos dos ditos danos facíanse así das xentes que tiñan nas súas casas como nas súas fortalezas'' (Extraído do Preito Tabera-Fonseca, Fol. 1104 v)}}
Usuario anónimo