Diferenzas entre revisións de «Torres de Altamira»

→‎Proceso de ruína: corrixo un castelanismo gramatical e erros de redacción
m (→‎Ligazóns externas: Arranxos varios)
(→‎Proceso de ruína: corrixo un castelanismo gramatical e erros de redacción)
== Historia ==
[[Ficheiro:Torres de altamira 2.JPG|200px|miniatura|esquerda|Unha das torres.]]
As ruínas do castelo son o que queda do que se construíu no [[século IX]] sobre os restos dun antigo [[castro (poboado)|castro]] da [[cultura castrexa|antigüidade]]. Este sitio arqueolóxico adoita coñecerse co nome de [[Castro de Altamira, Brión|castro de Altamira]], sen que se coñezan con exactitude as súas dimensións ou características. A fortificación do [[século IX]] mantívose ata o ano [[1073]], ano no que foi arrasada por [[Gonzalo de Moscoso]], fillo dun tal Beremundo, castelo do que non se saben cales eran as súas dimensións, nin as dependencias coas que contaba. Despois disto a súa reconstrución viuse dificultada pola prohibición ordenada polo rei [[Fernando II de León e Galicia|Fernando II]] en [[1180]] de construír novas fortalezas na ''“Terra de Santiago”'' sen autorización expresa do arcebispo de Compostela. Pertenceu aá [[familia dos Moscoso]] dende o o século XV en diante.
 
Foi de novo arruinado polos [[Irmandiños]] no [[século XV]] ([[1431]] - [[1469]]), durante a revolta e reedificado en [[1471]]. Curiosamente, as novas murallas xa foron adaptadas para resistir o impacto da pólvora. Posteriormente foi asediada no ano 1471, polas tropas do arcebispo de Santiago, baixo o mando do seu irmán [[Luis de Acevedo]], sen moita sorte. Dende [[1480]] habitou o castelo o I Conde de Altamira [[Lope Sánchez de Ulloa e Moscoso]]. Pola súa posesión librouse a [[Batalla de Altamira]].
[[Ficheiro:Torres de Altamira 5.JPG|200px|miniatura|Unha das torres.]]
 
No ano [[1872]], un dos herdeiros da casa de Altamira vendeu as torres, xa arruínadas. Un dos compradores, un rico campesiño que estivera en América, construíu unha casa coas propias pedras da fortaleza. Outro aproveitou a capela dos Reis Magos para construírseconstruír un rocho. Tamén se aproveitaron os perpiaños na construción da [[capela de Santa Minia]] e, cando pasou a mans do arcebispado, edesfíxose tamén a torre da homenaxe para as obras da igrexa parroquial de Brión, chegándose a desfacer tamén a torre da homenaxe.
 
En [[1917]] aínda se seguía sacando pedra da fortaleza, ata que en [[1973]] as ruínas foron adquiridas pola Deputación Provincial da Coruña, que emprendeu as obras de limpeza e consolidación do pouco que queda da que foi, segundo opinión de [[Ángel del Castillo]], unha das mellores fortalezas de Galicia dos últimos anos do século XV.
O [[castelo (fortificación)|castelo]] tiña seis [[Torre (construción)|torres]] [[rectángulo|rectangulares]], unha [[muralla]] rodeando un suntuoso [[palacio]], e a capela dos Reis Magos, onde eran enterrados os donos en opulentos [[Panteón (arquitectura)|panteóns]], todos eles incluídos nun recinto de planta poligonal.
 
Trás tódolos expolios sufridos, só quedan restos de muralla e o arranque dunha torre de bos [[albanelaría|perpiaños]]. Tamén poder apreciarse algunhas fiestras con [[arco (arquitectura)|arcos apuntados e conopiais]] pertencentes a reedificación de [[1471]], tralo asedio irmandiño.
 
== Estado de conservación ==
Usuario anónimo