Mary Wortley Montagu: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Sen resumo de edición
Liña 12:
 
== Matrimonio ==
Trala morte de Anne en [[1709]] a correspondencia entre Edward e Lady Mary continuou sen intermediarios. O pai, agora Marqués de Dorchester, rexeitourrexeitou a Wortley Montagu como xenro, ao negarse a vincular os seus bens a un posible herdeiro. Rompéronse as negociacións e cando Lord Dorchester insistiu noutro matrimonio para a súa filla, Edward e Mary fuxiron ([[1712]]). Os primeiros anos de matrimonio tivo unha vida retirada no campo. O seu marido era membro do Parlamento inglés por Westminster dende [[1715]], e pouco despois foi nomeado Lord Commissioner do Tesouro. Cando Lady Mary se reuniu con el en Londres, pronto o seu enxeño e beleza convertérona nunha destacada figura da corte.
 
== En Constantinopla ==
Liña 21:
 
== Polémica con A. Pope ==
Antes de saír cara oriente coñecera a [[Alexander Pope]], e durante a súa ausencia, el escribiulle unha serie de cartas extravagantes, que foron esencialmente exercicios de erótica epistolar sen contido real. Intercambiáronse moi poucas cartas entre eles trala volta a Inglaterra, téndose suxerido varias razóns para o subseguinte extrañamientoextrañamento e violenta discusión. A última das cartas durante a embaixada en Constantinopla diríxese a Pope cun contido que parece terse escrito en Dover o 1 de novembro de 1718. Contén unha parodia do ''Epitaph on the Lovers struck by Lightning'' de Pope (Epitafio sobre os amantes golpeados polo lóstrego).
 
A colección manuscrita destas cartas foi divulgada entre un círculo considerable de lectores, e Pope puido terse sentido ofendido por tal circulación coa sátira da que era obxecto. Tamén se atribuíu o feito a celos da súa amizade con Lord John Hervey, pero Lady Louisa Stuart indicou que Pope fixera a Lady Mary unha declaración de amor, que esta recibira cun estallidoestalido de risa. Mary sempre reclamou a súa inocencia en relación a calquera clase de ofensa pública. É aludida en ''Dunciad'' («Duncíada» ou «Tonteríada») nun pasaxe no que Pope se esmera nunha das súas notas insultantes. Pénsase que ''A Pop upon Pope'' é obra de Mary Montagu, e Pope pensou que tamén ela fora un dos autores de ''One Epistle to Mr A. Pope'' («Unha epístola ao Sr. A. Pope», [[1730]]).
 
Pope atacouna unha e outra vez, pero con especial violencia nun pareado de grosa linguaxe na súa imitación da Primeira Sátira do Segundo Libro de [[Horacio]], na que aparece Lady Mary na figura de [[Safo]]. Esta solicitou a unha terceira persoa que se queixase ante el, e recibiu a obvia resposta de que Pope non podía prever que ela ou calquera outra persoa se consideraran aludidas con semellante insulto aplicado a si mesma. ''Verses addressed to an Imitator of Horace by a Lady'' («Versos dirixidos a un imitador de Horacio», por unha dama, [[1733]]), unha réplica difamatoria a estes ataques, atribúese generalmente ao traballo conxunto de Lady Mary e o seu aliado Lord Hervey. Mary mantivo unha correspondencia romántica cun francés chamado Rémond, quen lle dirixiu unha serie de cartas excesivamente galantes antes de tela visto. Ela investiu unha suma de diñeiro para el, seguindo o seu consello e a risco deste, segundo quedou expresamente disposto, na South Sexa Bubble, unha «burbulla» financeira que fixo caer o investimento á metade do seu valor. O francés intentou recuperar a suma orixinal como débeda, baixo ameaza de mostrar a correspondencia ao seu marido. Lady Mary pareceu alarmarse realmente, non tanto pola imputación de galantería, senón pola posibilidade de que o seu marido descubrise o alcance das súas propias especulacións monetarias. A isto parece referirse a segunda metade da frase de Pope «Who starves a sister, or forswears a debt» (Epilogue to the Satires, 113; «Quen se priva dunha irmá, ou renuncia a unha débeda», Epílogo ás Sátiras), mentres que a primeira acusación está desprovista de fundamento. De feito, ela intentou rescatar á súa irmá favorita, a condesas de Mar, que estaba mentalmente exasperada, da custodia do seu cuñado, Lord Grange, quen trataba á súa propia muller con notoria crueldade e a calumniaba.